Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 23 de abril de 2001 Páx. 5.368

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a resolución do expediente sancionador na orde social 753/2000.

Non sendo atopado no domicilio coñecido por esta delegación provincial o titular da empresa que se indica a continuación, resolvo notificar por este medio, ó abeiro do artigo 59.4º da Lei 30/1992, que foi dictada resolución en relación co seu expediente sancionador e infórmalle que no prazo dun (1) mes, contado a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, pode interpoñer recurso de alzada perante o director xeral de Relacións Laborais, segundo o disposto no artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Lei 30/1992, do 26 de novembro), advertíndolle que, de non ser interposto en tempo e forma, disporá dun mes de prazo para aboa-la multa mediante a necesaria utilización do impreso, que poderá solicitar na propia Delegación Provincial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos no artigo 3 da orde da Consellería de Economía e Facenda do 22-5-1987.

Expediente nº: 753/2000.

Acta nº: 1110/2000.

Titular: Manuel Resua Otero.

DNI: 33.208.530-A.

Enderezo: avda. Santuario de Pastoriza, 14-1º, Arteixo.

Materia: seguridade e hixiene.

Data da resolución: 21-2-2001.

Sanción: 275.100 pesetas.

A Coruña, 1 de marzo de 2001.

María Silva Costoya

Delegada provincial da Coruña