Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 23 de abril de 2001 Páx. 5.367

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a iniciación do dereito de audiencia no expediente sancionador na orde social 37/2001.

Non sendo atopado no domicilio coñecido por esta delegación provincial o titular da empresa que se indica a seguir, resolvo notificar por este medio, ó abeiro do artigo 59.4º da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de dez días, a partir do día seguinte á súa publicación no DOG, durante o que se poderá exerce-lo dereito de audiencia do expediente, previo á resolución, e presenta-las alegacións que consideren oportunas perante o órgano que tramita o expediente: Delegación Provincial de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Coruña, todo isto segundo o establecido no artigo 18.2º do Real decreto 928/1998, do 14 de maio.

Expediente nº: 37/2001.

Acta Inf. nº: 1261/2000.

Empresa: Estudios y Construcciones en Mera, S.L.

NIF/DNI: B-15.454.804.

Enderezo: Curros Enríquez, 1-baixo, Mera (Oleiros).

Materia: seguridade e hixiene.

Proposta de sanción: 251.000 pesetas.

Documentos que constan no expediente:-Acta de infracción.-Xustificantes da notificación.

A Coruña, 1 de marzo de 2001.

María Silva Costoya

Delegada provincial da Coruña