Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 23 de abril de 2001 Páx. 5.350

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2001 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de construccións arquitectónicas, do departamento de Construccións Arquitectónicas, a María Jesús Dios Viéitez.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 26 de abril de 2000 (BOE do 23 de maio), para a provisión da praza núm. 00/023 de profesor titular de universidade da área de construccións arquitectónicas, do departamento de coñecemento de Construccións Arquitectónicas desta universidade, a favor de María Jesús Dios Viéitez, e unha vez acreditados polo interesado os requisitos a que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma univesitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a María Jesús Dios Viéitez, profesora titular de universidade da área de coñecemento de construccións arquitectónicas, do departamento de Construccións Arquitectónicas desta universidade.

A Coruña, 20 de marzo de 2001.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña