Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 23 de abril de 2001 Páx. 5.350

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2001 pola que se nomea catedrática de escola universitaria da área de coñecemento de didáctica da expresión corporal do departamento de Didácticas Especiais, a María del Pilar Martínez Seijas.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 3 de febreiro de 2000 (BOE do 4 de marzo), para a provisión da praza núm. 00/004 de catedrática de escola universitaria da área de coñecemento de didáctica da expresión corporal do departamento de Didácticas Especiais desta universidade, a favor de María del Pilar Martínez Seijas, e unha vez acreditados pola interesada os requisitos a que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma univesitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a María del Pilar Martínez Seijas, catedrática de escola universitaria da área de coñecemento de didáctica da expresión corporal do departamento de Didácticas Especiais desta universidade.

A Coruña, 20 de marzo de 2001.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña