Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 20 de abril de 2001 Páx. 5.324

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA HOSPITAL DO SALNÉS

ACORDO do 2 de abril de 2001 polo que se fan públicos os acordos das mesas de selección que xulgan o proceso selectivo, relativos á publicación de puntuacións definitivas da primeira proba.

Realizada a primeira proba eliminatoria escrita prevista no proceso de selección convocado polo Acordo do 27 de novembro de 2000 (DOG nº 243, do 18 de decembro), das categorías de ATS/DUE, fisioterapeuta, matrona, TEL, TER, auxiliar de enfermería e persoal de servicios xerais, acórdase:

Primeiro.-Publica-las listaxes das puntuacións definitivas acadadas polos aspirantes presentados á dita proba das diferentes categorías citadas, unha vez resoltas as reclamacións presentadas, na Oficina de Información do propio hospital, na Delegación Provincial de Sanidade de Pontevedra, nas direccións provinciais do Sergas e na páxina web do Sergas.

Segundo.-A apertura do prazo de 5 días naturais a partir do luns 23 de abril de 2001, para a presentación do currículum autobaremado e a documentación xustificativa dos méritos alegados mediante orixinais ou fotocopias compulsadas, dos aspirantes declarados aptos.

Tres.-Publica-lo calendario e chamamentos da segunda proba do proceso selectivo das diferentes categorías, consistente nunha entrevista persoal, no taboleiro de anuncios da fundación.

Vilagarcía de Arousa, 2 de abril de 2001.

Rafael Pérez-Santamarina Feijóo

Director da Fundación Pública Hospital do Salnés