Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 20 de abril de 2001 Páx. 5.320

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN FORO PERMANENTE GALLEGO E IBEROAMERICANO DE LA SALUD

ACORDO do 9 de abril de 2001 polo que se nomea o director de programas da fundación.

Reunido o padroado da Fundación Foro Permanente Gallego Iberoamericano de la Salud o día 9 de abril deste ano, en uso das competencias que lle atribúe o artigo 11 e) dos seus estatutos, aprobados por acordo do Consello da Xunta de Galicia do 19 de decembro de 1997, acordou resolve-la convocatoria pública para o nomeamento do director de programas da fundación.

En consecuencia, de conformidade co previsto na base cuarta da dita convocatoria, faise público o seguinte acordo:

Primeiro.-Nomear director de programas da fundación a Francisco Javier Hernández Pasín.

Segundo.-Ordénase a publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2001.

José María Hernández Cochón

Presidente do padroado