Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 20 de abril de 2001 Páx. 5.310

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2001, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación do servicio de mantemento integral das caldeiras deste complexo hospitalario, mediante procedemento aberto. (Expediente 12/2001).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 21 de abril de 1998, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000, ámbalas dúas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve convoca-lo seguinte concurso público:

1. Obxecto: servicio de mantemento integral das caldeiras do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela.

2. Orzamento estimado: 3.320.016 pesetas (tres millóns trescentas vinte mil dezaseis pesetas), IVE incluído; 19.953,70 euros (dezanove mil novecentos cincuenta e tres euros con setenta céntimos).

3. Garantías:

a) Provisional: non.

b) Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

Constituirase segundo disposto no artigo 36, do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

4. Forma de adxudicación: concurso público. Procedemento aberto e ordinario.

5. Prazo de execución: un ano, desde o 1 de xuño de 2001 ou data de comezo da vixencia do contrato se é posterior. Antes do seu vencemento, por mutuo acordo de ámbalas partes, este contrato inicial poderá prorrogarse nos termos que se establecen no artigo 198 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

6. Admisión de variantes: non se admiten variantes.

7. Solvencia económica e financeira: acreditación libre atendendo ós criterios do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Solvencia técnica: acreditación libre atendendo ós criterios do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

9. Criterios de adxudicación:

Relación de criterios de adxudicaciónNº de puntos

1. Prezo50

2. Medios materiais, instalacións e equipos técnicos

dos que dispoña a empresa para a realización do servicio20

3. Programa de mantemento20

4. Melloras técnicas10

10. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitada no Departamento de Contratación Administrativa do Hospital Clínico Universitario-A Choupana, s/n, 15706 Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

11. Clasificación: non se esixe.

12. Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela-A Choupana, s/n, 15706 Santiago de Compostela, antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo no xeito indicado no prego de cláusulas administrativas particulares. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

13. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas; en caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

14. Documentación que deberán achega-los licitadores: a documentación que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

15. Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2001.

Jordi Riba Hibernón

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Santiago de Compostela