Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 20 de abril de 2001 Páx. 5.309

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2001, da Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo, pola que se anuncia a adxudicación do concurso público 1/2001 para a contratación do servicio de limpeza de varios centros.

A Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo, en virtude das competencias que ten atribuídas na orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, no artigo 7, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 104, do 30 de maio), resolve anuncia-la adxudicación que a continuación se cita:

1. Nome e enderezo do órgano de contratación: Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo; rúa México, nº 26, 1ª planta, 36204 Vigo.

2. Modalidade de adxudicación elixida: concurso público, procedemento aberto.

3. Categoría do servicio e descrición. Número de referencia da CCP.

Servicio de limpeza dos centros dependentes desta xerencia (área norte e área sur); C.P. 1/2001.

4. Data de adxudicación do contrato: 12 de febreiro de 2001.

5. Criterios de adxudicación do contrato: os recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen esta contratación:

Prezo: ata 35 puntos.

Oferta técnica: ata 65 puntos.

6. Número de ofertas recibidas.

Lote 1-centros área sur: 4 ofertas.

Lote 2-centros área norte: 6 ofertas.

7. Nome e enderezo do prestador de servicios ou prestadores de servicios.

Servicios Auxiliares de Mantenimiento y Limpieza, S.L.-Samyl. Enderezo: r/ Gran Vía, nº 49-4º esq., 36204 Vigo.

8. Prezo ou gama de prezos.

-Lote 1: área sur.

Importe mensual (IVE incluído):

10.454.589 pesetas.

62.833,34 euros.

Importe total (24 meses):

250.910.136 pesetas.

1.508.000,29 euros.

-Lote 2: área norte.

Importe mensual (IVE incluído):

4.790.567 pesetas.

28.791,89 euros.

Importe total (24 meses):

114.973.608 pesetas.

691.005,30 euros.

9. Se é o caso, valor e parte do contrato que poidan ser obxecto de subcontratación a terceiros.

10. Outras informacións.

11. Data de publicación do anuncio de licitación no DOCE: 15 de decembro de 2001.

12. Data de envío do anuncio: 21 de marzo de 2001.

13. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).

Vigo, 12 de marzo de 2001.

Ángel Martín Santos

Director xerente de Atención Primaria

de Pontevedra-Vigo