Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 20 de abril de 2001 Páx. 5.304

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 14 de marzo de 2001 pola que se deixa sen efecto a do 26 de xuño de 1995, de outorgamento de prórroga da concesión e autorización administrativas para a explotación dunha cetaria e depuradora situadas en Rons, O Grove (Pontevedra), e se extinguen os títulos administrativos habilitantes dos citados establecementos.

Antecedentes.

Con data 23-3-1977, por Orde 45/1977 do Ministerio de Comercio, outórgase a Francisco Boullosa Vila autorización e concesión administrativas para a posta en funcionamento dunha cetaria en Rons, O Grove (Pontevedra).

Con data 15-6-1983, por Orde 2/1983 da Consellería de Pesca, outórgase a Francisco Boullosa Vila, autorización administrativa para a posta en funcionamento dunha estación depuradora de moluscos no lugar e localidade anteriormente citados.

Por Orde do 22-11-1989 (Diario Oficial de Galicia nº 16, do 23-01-1990) apróbase o cambio de dominio mortis causa da cetaria e depuradora sinaladas a favor de Francisco Antonio e José Manuel Boullosa Prieto.

Por Orde Comunicada nº 346, do 26-6-1995 da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, outórgase prórroga de concesión e autorización administrativas para a explotación dos establecementos sinalados a Francisco Antonio e José Manuel Boullosa Prieto, indicando na condición primeira que a vixencia queda condicionada á resolución que o Ministerio de Obras Públicas, Transportes e Medio Ambiente (Dirección Xeral de Costas) dicte relativa á ocupación do dominio público marítimo-terrestre, polo que puidera ser obxecto de modificación de acordo coa resolución do citado ministerio.

Con posterioridade á data de outorgamento da prórroga, notifícase á Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura a Orde do 3-3-1995 do Ministerio de Obras Públicas, Transportes e Medio Ambiente (Dirección Xeral de Costas) pola que se declara extinguida, por vencemento de prazo, a concesión outorgada para ocupación do dominio público do establecemento en cuestión.

Contra a anterior resolución, Francisco Antonio e José Manuel Boullosa Prieto, o 25-2-1997, formulan recurso extraordinario ante a Dirección Xeral de Costas.

Con data 11-3-1997 o Servicio Provincial de Costas de Pontevedra declara que non procede admiti-lo recurso anterior por non basearse en ningún dos supostos legais, e confirma a resolución da Dirección Xeral de Costas do 3-3-1995.

Fundamentos de dereito:

Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia.

Decreto 193/1997, do 5 de xuño, polo que se determinan as condicións para o outorgamento do permiso de actividade para os establecementos de cultivos mariños e auxiliares situados na zona terrestre.

Vistos os antecedentes e fundamentos de dereito sinalados, esta consellería

RESOLVE:

Deixar sen efecto a prórroga da concesión e licencia administrativas para a explotación dos establecementos que se indican a continuación, titularidade de Francisco Antonio (DNI 35.423.413-D) e José Manuel Boullosa Prieto (DNI 35.435.566-H) por Orde 346 do 26-6-1995 da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. A presente resolución vén determinada pola extinción da concesión de ocupación do dominio público.

* Tipo: estación depuradora.

* Especies: moluscos.

* Superficie de piscinas depuración: 340,51 m.

* Tipo: cetaria.

* Especies: crustáceos.

* Superficie de piscinas estabulación: 25 m.

* Superficie de dominio público: 358 m.

* Situación: lugar de Rons. Municipio: O Grove (Pontevedra).

En consecuencia decláranse extinguidas a concesión e autorización administrativas para a explotación da cetaria outorgada pola O.M. do 23-3-1977 do Ministerio de Comercio (BOE nº 99/1977) e a autorización administrativa para explotación da estación depuradora outorgada por Orde 2/1983 da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (Diario Oficial de Galicia nº 74/1983).

Contra esta resolución cabe recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2001.

P.D. (Orde 17-12-1997,

DOG nº 246, do 22 de decembro)

Juan José Álvarez Pérez

Secretario xeral da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura