Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 20 de abril de 2001 Páx. 5.292

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2001, da Dirección Xeral de Industria, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental, incluída a súa modificación posterior, do proxecto denominado liña de alta tensión 220 kV subestación Mesón do Vento-subestación de Vimianzo, situado nos concellos de Carral, Mesía, Ordes, Cerdeda, A Laracha, Carballo, Coristanco, Cabana de Bergantiños, Zas e Vimianzo, (A Coruña), promovido por Unión Fenosa Distribución, S.A.

En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, faise pública a Resolución do 24 de xullo de 2000, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, do proxecto denominado Liña de alta tensión a 220 kV Mesón do Vento-Vimianzo, modificada por Resolución do 19 de febreiro de 2001, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, situado nos concellos de Carral, Mesía, Ordes, Cerdeda, A Laracha, Carballo, Coristanco, Cabana de Bergantiños, Zas e Vimianzo (A Coruña), promovido por Unión Fenosa Distribución, S.A., que se transcribe como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2001.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria

Declaración de impacto ambiental.

Examinada a documentación que constitúe o expediente, entre a que se atopa a presentada pola empresa promotora:

-Proxecto de L.A.T. 220 kV Subestación de Mesón do Vento-subestación de Vimianzo. Estudio de Impacto Ambiental. Xullo 1999.

-Proxecto de L.A.T. 220 kV Subestación de Mesón do Vento-subestación de Vimianzo. Estudio de Impacto arqueolóxico. Xullo 1999.

-Coordenadas UTM dos apoios. Maio de 2000, con código VA 1962 EL 0025 acompañado dos planos Planta xeral sobre planeamento municipal vixente con código 1962 ES 0001.

A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolve establecer pola presente DIA as seguintes condicións, ademais das incluídas na documentación presentada, de xeito que se asegure a minoración dos posibles efectos ambientais negativos, co fin de que a realización do proxecto poida considerarse ambientalmente viable.

No caso de que exista contradicción entre o establecido na documentación presentada polo promotor e a presente declaración, prevalecerá o disposto nesta última.

1. Ámbito da declaración.

A presente declaración refírese en exclusiva á instalación dunha liña eléctrica de alta tensión (220 kV), aérea en simple circuíto, con dous conductores por fase, que discorre entre a subestación de Mesón do Vento e a subestación de Vimianzo, cunha lonxitude total de 63.300 m, con apoios de celosía sobre zapatas de formigón, con illadores e conductores eléctricos de terra e fibra óptica.

A traza discorre polos concellos de Carral, Mesía, Ordes, Cerceda, A Laracha, Carballo, Coristanco, Cabana de Bergantiños, Zas e Vimianzo, sendo as coordenadas U.T.M. dos apoios as indicadas no plano denominado TRAZA L.A.T. 220 kV. Maio 00 según plano de U.F.I.S.A. Nº 1962ES0001 Follas 1 a 13 e segundo a listaxe de código VA 1962 EL 0025, agás para a traza entre os apoios 31 e 32, entre os que se instalará o apoio 31BIS, que se indica no plano Plano de emprazamento variante entre os apoios 31 e 32, segundo plano de U.F.I.S.A. Nº 1962ES0003, e que se recollen a seguir:

ApoioVértice XVértice Y

0552.5904.779.488

1552.5254.779.336

2552.4294.779.185

3552.2234.778.799

4552.0754.778.523

5551.9344.778.257

6551.7274.777.869

ApoioVértice XVértice Y

Ver.38 (7)551.4254.777.550

8551.1244.777.464

9550.7464.777.416

10550.4434.777.378

11549.9154.777.313

12549.6234.777.277

Ver.37 (13)549.1704.777.240

14548.8824.777.298

15548.3684.777.421

16547.9914.777.510

17547.6274.777.597

18547.2954.777.676

19546.8254.777.787

Ver.36 (20)546.5604.777.825

21546.3844.777.948

22546.0334.778.180

23545.8864.778.423

24545.6404.778.682

25545.4254.778.908

26545.2174.779.126

Ver.35 (27)544.8804.779.385

28544.9184.779.568

Ver.34 (29)544.6704.779.770

30544.0704.779.781

31543.6904.779.781

Ver.33 (32)543.5404.779.770

33542.8324.779.900

Ver.32 (34)542.4804.779.970

35542.0494.779.972

36541.7104.779.980

37541.3784.779.987

38541.0844.779.993

39540.6264.780.003

40540.3114.780.010

Ver.31 (41)539.9604.779.980

42539.4614.780.245

43539.2434.780.354

44538.8684.780.445

45538.5244.780.606

Ver.30 (46)538.3104.780.765

47537.7944.780.747

48537.1464.780.802

49536.8364.780.831

50536.3844.780.868

51536.0064.780.900

52535.6944.780.927

53535.2634.780.963

54534.8774.780.996

55534.5794.781.022

56534.1764.781.056

57533.8534.781.084

Ver.27 (58)533.6004.781.100

59533.0074.781.205

60532.6714.781.288

Ver.26 (61)532.4754.781.355

62532.3084.781.302

63531.9954.781.158

64531.6784.781.012

65531.2924.780.834

Ver.25 (66)530.9754.780.760

67530.8104.780.694

68530.5304.780.660

69530.0364.780.600

70529.8184.780.573

71529.0654.780.481

72528.7294.780.441

Ver.24 (73)528.2304.780.385

74527.6854.780.354

ApoioVértice XVértice Y

Ver.23 (75)527.4004.780.350

76527.0814.780.291

77526.8054.780.248

78526.4474.780.192

Ver.22 (79)526.1704.780.150

80525.7754.780.225

81525.4114.780.184

82525.1104.780.311

Ver.21 (83)524.7804.780.450

84524.5294.780.472

85524.2624.780.510

86523.9394.780.557

87523.5804.780.609

88523.3134.780.648

89523.0664.780.684

Ver.20 (90)522.7804.780.740

91522.4474.780.584

92522.1384.780.466

93521.7684.780.325

94521.4844.780.217

95521.1594.780.093

Ver.19 (96)520.8504.779.980

97520.6134.779.854

98520.3844.779.737

99519.9074.779.480

100519.6404.779.357

101519.0404.779.081

102518.5884.778.834

103518.3934.778.724

104517.9854.778.492

105517.7844.778.381

Ver.18 (106)518.4904.778.260

107517.3284.778.212

Ver.17 (108)517.0354.778.180

109516.7654.778.167

110516.4854.778.174

111516.1164.778.182

112515.7194.778.191

113515.3684.778.200

114515.0654.778.207

Ver.16 (115)515.2754.778.225

116514.4214.778.061

Ver.15 (117)514.0404.777.900

Ver.14 (118)513.8104.777.575

119513.1464.777.389

120512.7894.777.297

121512.4204.777.203

122512.1604.777.123

123511.8164.777.065

Ver.13 (124)511.4004.777.000

125511.2994.776.998

Ver.12 (126)510.6804.777.090

127510.4354.776.919

128510.1784.776.796

129509.9224.776.673

130509.5824.776.510

131509.2934.776.375

132508.9814.776.225

Ver.11 (133)508.6304.776.080

134508.2834.775.973

135507.9564.775.893

136507.6884.775.827

137507.3944.775.755

138507.0924.775.680

139506.7954.775.607

140506.4654.775.526

141506.0844.775.431

142505.7804.775.357

ApoioVértice XVértice Y

143505.5074.775.290

144505.2004.775.235

145504.9214.775.165

146504.6614.775.100

Ver.10 (147)504.3804.775.060

148504.0814.775.023

149503.6514.775.003

150503.3084.774.986

151503.0724.774.975

Ver.9 (152)502.7004.774.950

153502.5314.774.936

154502.2654.774.834

155501.9564.774.765

Ver.8 (156)501.5104.774.700

157501.3394.774.698

Ver.7C (158)501.0804.774.730

Ver.7B (159)500.7304.774.650

Ver.7ª (160)500.3084.774.860

161500.0944.774.877

162499.5484.774.942

Ver.7 (163)498.9834.775.000

Ver.6B (164)498.1654.775.265

165497.8414.775.148

Ver.6ª (166)497.4204.775.075

Ver.6 (167)497.0044.775.120

Ver.5 (168)496.2304.774.805

169496.0854.774.682

Ver.4 (170)495.8704.774.550

171495.8454.774.000

172495.8394.773.548

173495.8354.773.215

Ver.3 (174)495.7904.772.935

Ver.2 (175)495.9404.772.415

176496.1614.772.334

2. Protección da atmosfera.

2.1. Sobre campos eléctricos e magnéticos

Deberase observar na medida do posible a Recomendación do Consello do 12 de xullo de 1999 relativa á exposición ó público en xeral a campos electromagnéticos (0 Hz a 300 GHz).

2.2. Sobre a emisión de po.

Co fin de diminuí-la emisión de po á atmosfera, que se pode producir pola construcción das vías de acceso e polos labores de escavación para a cimentación dos apoios, procederase, en períodos de seca, á humectación das zonas onde se estean realizando estes traballos.

2.3. Sobre a contaminación acústica.

Os niveis de presión sonora non poderán supera-los valores límite de recepción para ruído ambiente exterior establecidos no artigo 8 do anexo da Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica, así como, se é o caso, as ordenanzas municipais establecidas ó respecto.

Ademais, de acordo co punto 8 do artigo 4 da citada lei, presentarase un estudio acreditativo do impacto acústico do proxecto, e de acordo co requirido no punto 10.5 da DIA.

3. Protección das augas e leitos fluviais.

Se co motivo da execución dalgunha vía se atravesase algún curso fluvial, será preceptiva a auto

rización do organismo Augas de Galicia, segundo se establece na Lei 29/1985, do 2 de agosto, de augas, e no R.D. 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico.

Instalaranse trampas de sedimentos ou mallas para evita-la escorrega, e os toxos das vías terán as dimensións apropiadas para evacua-lo volume de auga previsto nas épocas de maior pluviosidade.

Evitarase a elaboración de formigón na propia obra, procurando adquirilo xa preparado de plantas autorizadas, con obxecto de diminuí-lo risco de contaminación das augas.

As tarefas de mantemento dos diferentes equipos e maquinaria móbil durante a fase de construcción realizaranse en talleres autorizados, eliminando así o risco de derramamentos accidentais que poidan afecta-los cursos de auga.

Os aceites e outros residuos xerados nas tarefas de mantemento durante a fase de explotación da liña deberán ser recollidos en contedores axeitados e entregados a un xestor autorizado debidamente acreditado, que se fará cargo deles. En canto non se produza a entrega ó xestor, estes contedores almacenaranse nun lugar axeitado e debidamente sinalizado. A localización deste almacenamento deberá indicarse na documentación que se presentará de acordo co punto 11.3.b) desta DIA.

4. Protección do solo.

Realizarase unha delimitación das zonas de obra de acordo co indicado no punto 10.3 da presente declaración de impacto ambiental, estando prohibido invadir terreos fóra dos inicialmente previstos.

Aproveitarase ó máximo á rede de camiños xa existentes co fin de minimiza-la construcción de novos tramos de acceso.

As vías de acceso e cimentacións executaranse tendo en conta os efectos da pluviometría da zona e a natureza do solo, co fin de diminuí-los arrastres e perdas de solo.

A circulación de maquinaria restrinxirase ás vías.

Nos movementos de terras procurarase equilibrar ó máximo o volume de desmonte co de terrapléns.

A capa edáfica ou horizonte vexetal do solo será retirada durante os labores de escavación e acumulada en montóns que non superen os dous metros de altura, nun lugar fóra do tránsito da maquinaria, para evita-la súa compactación, de tal xeito que non perda a súa calidade e poida ser empregada posteriormente nas accións de recuperación. As moreas realizaranse de forma que se garanta a conservación das súas propiedades.

Tódolos residuos xerados durante a fase de construcción, lixo, entullos, así como os materiais sobrantes de obra serán xestionados de acordo coa súa natureza e retirados cando esta finalice, recibindo o tratamento disposto na lexislación vixente. Neste senso, primarase a reutilización ou reciclaxe fronte á vertedura.

5. Proteccdión da fauna e vexetación.

5.1. Sobre a fauna.

Respecto á avifauna, tomaranse as medidas protectoras necesarias para minimiza-lo risco de choque e electrocución, sendo precisa a presentación dun estudio que describa e xustifique a adopción destas medidas, segundo o indicado no punto 10.1 desta DIA.

De acordo co EsIA, levarase a cabo un programa de vixilancia periódica co fin de comprobar se se producen colisións e/ou electrocucións de aves cos cables do tendido, observando en qué zonas se producen e qué especies son afectadas. Se se constata a afección da avifauna, analizaranse as causas e estableceranse as medidas correctoras oportunas.

5.2. Sobre a vexetación.

Os restos da corta serán eliminados de acordo co negociado co seu propietario, debendo ter en conta as boas prácticas de eliminación destes residuos; considerando o disposto na Resolución do 26 de xaneiro de 2000, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, sobre medidas para prevención de incendios forestais durante o ano 2000.

Empregaranse técnicas de roza axeitadas que favorezan a revexetación por especies autóctonas nas diferentes zonas afectadas polas obras, e métodos de trituración e esparcimento homoxéneo, para permitir unha rápida incorporación ó solo, diminuíndo as posibilidades de incendio, así como riscos de ataque de pragas e enfermidades.

Calquera aproveitamento ou utilización da vexetación de ribeira precisará da preceptiva autorización do Servicio Provincial de Medio Ambiente Natural, tal como se recolle na Lei 7/1992, de pesca fluvial, e no Decreto 130/1997, que desenvolve o regulamento da antedita lei.

Tódolos terreos afectados, deteriorados ou deforestados pola execución das obras (instalación dos apoios, execución de vías e foxos) deberán ser recuperados mediante unha revexetación axeitada, que restitúa na medida do posible as condicións previas ó inicio das obras e favoreza a reinstalación da vexetación orixinal. Aquelas pistas que non vaian ser empregadas durante a fase de funcionamento da liña deberanse reintegrar na paisaxe, revexetándoas axeitadamente en toda a súa extensión.

Para tal efecto débese presentar un plan de restauración de acordo co indicado no punto 10.2. da DIA.

6. Protección dos valores arqueolóxicos.

Os accesos de nova creación terán que contar cun estudio de impacto das ditas obras, de acordo co requirido no punto 10.4.1, que terá que ser sometido a informe da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, tendo en conta que non se poderá afectar ningún elemento do patrimonio cultural.

A fin de evitar posibles afeccións, establecerase para esta obra unha área de exclusión e cautela no contorno dos bens do patrimonio cultural. A rea

lización de calquera tipo de obra nestas áreas precisará o informe favorable da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural. Evitarase o tránsito de maquinaria nestas áreas.

Previamente ó inicio das obras, elaborarase un proxecto arqueolóxico que terá que ser autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural no que se incluirá:

-A sinalización na fase previa ó inicio das obras de construcción da liña, dos elementos do patrimonio cultural (tanto arqueolóxico como etnográfico) de acordo co estudio de impacto ambiental.

-Control e seguimento arqueolóxico das obras de acordo coas medidas correctoras recollidas no estudio de impacto.

-Como anexo ó proxecto arqueolóxico deberase recoller, na cartografía empregada polo persoal da obra durante o seu transcurso, un plano no que figuren as áreas de risco arqueolóxico, coa localización dos elementos do patrimonio cultural xunto coas súas áreas de exclusión e cautela (obxecto do control e seguimento arqueolóxico). Este plano incorporará os textos necesarios para a súa comprensión.

Conforme os resultados das actuacións arqueolóxicas en cada unha destas fases, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, como organismo competente na materia, decidirá sobre a conveniencia de establecer outras medidas protectoras e/ou correctoras. Na fase de replanteo revisaranse os impactos e valorarase a aplicación, se é o caso, destas medidas.

Os traballos arqueolóxicos terán que ser levados a cabo por técnicos arqueólogos competentes, de acordo coa Lei 8/1995, do 30 de outubro, de patrimonio cultural de Galicia.

7. Protección dos valores paisaxísticos.

O conxunto de elementos que configuran a liña, principalmente as vías de acceso de nova creación, deberán integrarse o máis posible na paisaxe. As súas bases arquitectónicas deberán ser concordantes coa tipoloxía constructiva da zona.

8. Outras medidas.

No referente ó cruzamento entre liñas, atenderase ó disposto no Decreto 3151/1968, do 23 novembro, polo que se aproba o Regulamento de liñas eléctricas aéreas de alta tensión (BOE 311, do 27 de decembro) e a súa corrección de erros (BOE 58, do 8 de marzo de 1969).

9. Fase de abandono das instalacións.

Ó longo da fase de abandono, unha vez rematada a vida útil da liña de alta tensión, procederase, con carácter xeral, á desmontaxe e retirada dos apoios, retirada dos transformadores eléctricos e de calquera outro tipo de elemento susceptible de provocar contaminación, sendo entregados todos eles a un xestor autorizado para a súa correcta eliminación. Así mesmo, restauraranse os accesos creados para uso exclusivo da liña.

10. Documentación adicional.

Previamente ó inicio das obras, o promotor presentará ante o órgano substantivo a seguinte documentación por triplicado, na forma e cos contidos recollidos a continuación:

10.1. Xustificación dos dispositivos e medidas de deseño adoptadas para minimiza-lo risco de electrocución e choque da avifauna coa liña, detallando a sinalización do cable de terra e medidas de illamento empregadas.

10.2. Documento que inclúa o desenvolvemento detallado de tódalas medidas protectoras e correctoras contidas no estudio ambiental e as derivadas da presente DIA.

10.3. Estudio de detalle da proposta do plan de traballo previsto pola empresa contratada, no que se inclúa a localización de tódalas infraestructuras da liña eléctrica e os límites das zonas de obra. Describirase axeitadamente o percorrido das vías, diferenciando as de nova creación das xa existentes, e incluirase localización dos apoios en coordenadas U.T.M. Neste documento incluirase o plan de restauración das zonas afectadas polos movementos de terras, especificando a contía das superficies a restaurar, as especies e densidades a empregar, a maquinaria, a planificación, o calendario de actuacións e orzamento.

10.4. Sobre accesos e os apoios, de acordo co punto 6 da declaración de impacto ambiental, deberase presentar:

10.4.1. Estudio de impacto arqueolóxico dos accesos de nova creación.

10.4.2. Proxecto arqueolóxico das zonas sobre as que se emitíu informe a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

10.5. Estudio acústico cos contidos incluídos no Decreto 150/1999, do 7 de maio, polo que se aproba o Regulamento de protección contra a contaminación acústica (DOG nº 100).

Unha vez emitido informe por esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental sobre o cumprimento do indicado nos puntos anteriores, o promotor comunicará a esta dirección xeral a data de inicio das obras, remitindo como mínimo 48 horas antes do seu comezo:

10.6. Cronograma estimado de obras, que inclúa tódalas actividades que se van realizar e as medidas protectoras e correctoras de carácter ambiental.

10.7. Copia da autorización do proxecto arqueolóxico, conforme o indicado no punto 6 da presente DIA. En ningún caso poderán iniciarse as obras sen a autorización expresa da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural ó respecto do indicado neste punto.

A documentación requirida no presente punto 10 remitiráselle ó órgano substantivo, quen dará traslado a esta dirección xeral para a súa valoración e, se procede, a imposición de medidas protectoras e/ou correctoras adicionais.

Unha vez feita esta avaliación, remitiráselle ó promotor o seu resultado, non podendo proceder ó desenvolvemento do proxecto ata que non conte co informe favorable da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

No referente á execución dos accesos de nova creación será necesario o informe favorable desta dirección xeral para o comezo das obras que lles afectan.

11. Programa de vixilancia e seguimento ambiental (P.V.S.A.).

O obxecto deste programa é o de garantir ó longo do tempo o cumprimento das medidas protectoras e correctoras establecidas no estudio ambiental e das condicións da presente declaración. O programa debe permitir detectar e corrixir diferentes alteracións que non se puidesen prever no estudio ou nas condicións da DIA, permitindo determinar e cuantificar impactos non previsibles e levar a cabo novas medidas correctoras acordes coas novas problemáticas xurdidas.

Tendo en conta o anterior, o promotor remitirá a esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, a través do órgano substantivo e coa periodicidade indicada, a seguinte documentación:

1. Durante a execución das obras, e con carácter trimestral, presentarase:

Con carácter trimestral presentarase un informe de obras que inclúa:

a) Cronograma de obras debidamente actualizado, con tódalas actividades, resaltando as críticas, debéndose incluí-las medidas protectoras e/ou correctoras de carácter ambiental.

b) Resultados das medicións do nivel de ruído na fase de construcción da liña, de acordo co indicado no punto 2.3 da presente DIA.

c) Informe, acompañado de reportaxe fotográfica, onde se reflicta o desenvolvemento dos traballos, recollendo, así mesmo, as incidencias, imprevistos e continxencias acontecidas en relación con tódolos aspectos incluídos nesta DIA.

d) Plano, en coordenadas U.T.M., a escala 1:10.000 ou maior detalle, onde se reflictan os avances dos traballos e porcentaxe de execución das obras respecto ó total, referida ós distintos elementos que conforman o proxecto: vías, implantación de apoios, foxos, etcétera e listaxe da localización dos apoios, en coordenadas U.T.M.

2. Ó final das obras, comunicarase a data prevista para a posta en funcionamento da liña e presentarase un informe de fin de obras co seguinte contido mínimo:

a) Definición dos imprevistos e continxencias acontecidas durante a realización das obras, en relación a tódolos aspectos incluídos nesta DIA, e descrición detallada do estado final da área afectada.

b) Plano, en coordenadas U.T.M., a escala 1:10.000 ou maior detalle, onde se reflictan tódalas accións de obra realizadas e os distintos elementos implantados, así como as zonas onde se realizaron

medidas protectoras e/ou correctoras de carácter ambiental.

c) Documentación acreditativa da entrega a xestor autorizado dos residuos xerados.

d) Reportaxe fotográfica que recolla os aspectos máis salientables da actuación: zonas nas que se implantaron os apoios, estado das vías de acceso e servicio á liña eléctrica, estado de limpeza da área, etcétera.

3. Seguimento ambiental semestral: contando desde o inicio da explotación, durante os dous primeiros anos desta. Este informe semestral incluirá, como mínimo, os seguintes contidos:

a) Resultado do seguimento das posibles afeccións da avifauna, de acordo co EsIA, conforme o indicado no punto 5.1 da DIA.

b) Documentación acreditativa da entrega a xestor autorizado dos residuos xerados e plano onde se localice o lugar para o seu almacenamento. Se é o caso, xuntarase documento acreditativo de estar dado de alta como pequeno productor de residuos perigosos.

c) Informe, acompañado de reportaxe fotográfica, no que se recollan os resultados da aplicación do plan de recuperación de solos e vexetación presentado polo promotor, incluíndo os avances no proceso de rexeneración da cuberta vexetal en tódalas zonas afectadas polas obras e aquelas nas que se aplicasen medidas de protección contra a erosión, e, se é o caso, integración paisaxística.

d) Control da intensidade e potencia do campo eléctrico e magnético nas vivendas máis próximas á L.A.T.

Á vista dos resultados obtidos durante os dous primeiros anos de explotación da liña, establecerase a periodicidade e contidos deste seguimento ambiental.

4. Informe ambiental previo ó abandono: nun prazo de seis (6) meses previos á finalización da explotación da L.A.T., remitirase un programa de abandono das instalacións, que conterá as accións previstas polo promotor en cumprimento do punto 9 da presente declaración de impacto ambiental.

5. Informe posterior ó abandono: nun prazo máximo de dous meses contados desde o fin das accións para o desmantelamento e abandono da instalación, enviarase informe que conteña a descrición detallada das accións que teñan carácter ambiental, especialmente no relativo a residuos perigosos, elementos paisaxísticos, e restauración das superficies afectadas.

12. Condicións adicionais.

12.1. Para efectos de seguimento da presente declaración, o órgano substantivo comunicará a este órgano ambiental a data de notificación da DIA ó promotor.

12.2. As condicións sinaladas nesta declaración de impacto ambiental (DIA) son de obrigado cumprimento para a empresa promotora. Nembargantes, o promotor poderá solicitar ó órgano ambiental a

revisión das medidas indicadas, co obxecto de modificalas ou cambialas por outras, naqueles supostos que tecnoloxicamente presentasen graves dificultades para a súa implantación ou implicasen modificacións importantes na actividade, e sempre e cando as novas medidas propostas permitan acada-los obxectivos e fins que se indican.

Nesta circunstancia, o promotor realizará a solicitude á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, a través do órgano substantivo, achegando documentación técnica que xustifique as novas medidas propostas. Esta solicitude remitirase nun prazo máximo dun (1) mes despois de serlle notificada a presente DIA polo órgano substantivo. Unha vez recibida a solicitude e documentación mencionadas, o órgano ambiental procederá á súa avaliación, comunicando o acordo adoptado ó promotor, quen non poderá comeza-las obras antes de contar cunha resolución desta dirección xeral para o efecto.

12.3. Co obxecto de acada-la máxima coordinación e eficacia no cumprimento da presente declaración, o promotor deberá designar un responsable deste, notificando o seu nomeamento ó órgano substantivo, quen o comunicará ó órgano ambiental.

12.4. Calquera cambio no proxecto de L.A.T. 220 kV subestación Mesón do Vento subestación Vimianzo (A Coruña) deberá ser notificado explicitamente a esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, quen o avaliará e informará se procede ou non a modificación da declaración ou a iniciación dun novo trámite de avaliación ambiental.

12.5. Previamente ó comezo das obras, o promotor deberá depositar un aval para garanti-lo cumprimento das medidas protectoras e para facer fronte ós posibles danos que se produzan no medio. O importe definitivo do aval proporase cando o promotor presente o orzamento das medidas protectoras e correctoras e plan de recuperación. Mentres non se presente axeitadamente este orzamento, como importe do aval proponse o 4% do investimento a realizar.

12.6. O órgano ambiental, por iniciativa propia ou por proposta do órgano substantivo, poderá establecer, en calquera momento e só para os efectos ambientais, condicións adicionais á presente declaración en función dos resultados que se obteñan tanto no desenvolvemento das obras como da explotación, ou ante a manifestación de calquera tipo de impacto non contemplado actualmente.

12.7. Se unha vez emitida esta declaración se manifestase algún outro tipo de impacto, severo ou crítico sobre o medio ambiente, o órgano substantivo, por propia iniciativa ou á solicitude da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, poderá suspender cautelarmente a actividade ata determina-las causas que xeran os mencionados impactos e ata que estes se corrixan.

12.8. Así mesmo, o incumprimento total ou parcial por parte da empresa promotora das condicións impostas nesta DIA poderá ser causa suficiente para proceder á solicitude de peche cautelar e adopta-las medidas oportunas en cumprimento da lexislación vixente.

12.9. A presente resolución, adoptada por esta dirección xeral, non exime o promotor de solicitar tódolos permisos necesarios ós organismos competentes, para levar a cabo a actividade obxecto do proxecto.

12.10. O proxecto de referencia terase que someter á autorización do órgano urbanístico competente desta Administración autonómica, de acordo coa Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

12.11.- O promotor queda obrigado a cumprir tódalas disposicións que se dicten con posterioridade en relación con este tipo de actividades.

ANEXO I

Resumo do proxecto

O proxecto consiste na instalación dunha liña eléctrica de alta tensión 220 kV, aérea en dobre circuíto con disposición de conductores en bandeira, que unirá a subestación de Mesón do Vento coa subestación de Vimianzo, cunha lonxitude total de 63.300 m, con apoios de celosía sobre zapatas de formigón, con illadores e conductores de electricidade de terra e fibra óptica.

O tendido iníciase na subestación de Mesón do Vento, que se atopa próxima á aldea, no lugar chamado Santa María de Vizoño, en dirección oeste para dirixirse cara ó Pedregal e A Pedra Cerden no concello de Cerceda, entrando a continuación no concello da Laracha polas Chousas Novas seguindo en dirección oeste ata Marco Tifuina xa no concello de Carballo tornando cara sur-sureste ata Taranbollo e O Monte da Peniqueira, cambiando a dirección oeste-noroeste ata O Petón das Pedras no concello de Coristanco tornando cara oeste-suroeste pasando por Esperante ata o sur de Bieite de Riba, onde toma dirección oeste pasando polos Campos ata o norte das Salgeiras tornando cara suroeste ata o sur de Coton de Padrín no concello de Cabana pasando por Cotón de Atrás entrando no concello de Zas polo norte de Picón do Sisto pasando polo Mameiro, O Freixo, Os Regueiros e o norte de Pazos, entrando no concello de Vimianzo polo norte de Mato Maval, tomando dirección oeste, pasando polo Monte da Lagoa,

para finalmente conectar coa subestación de Vimianzo.

A liña discorre polos concellos de Carral, Mesía, Ordes, Cerceda, A Laracha, Carballo, Coristanco, Cabana de Bergantiños, Zas e Vimianzo.

As medidas protectoras e correctoras propostas no EsIA inclúen as seguintes:

-Aproveitarase ó máximo a rede de camiños existentes co fin de minimiza-la construcción de novos tramos de acceso.

-Buscarase a máxima adaptación ó terreo dos posibles novos tramos de acceso, de forma que se sigan as curvas de nivel, evitando as ladeiras de forte pendente ou as proximidades de regatos e barroncas, co fin de minimiza-la creación de noiros que poidan sufrir procesos de inestabilidade ou nos que se poidan iniciar procesos erosivos.

-Os accesos realizaranse de tal xeito que afecten minimamente a rede natural de drenaxe. Evitaranse especialmente os regatos e barroncas.

-Sempre que as condicións do terreo o permitan, o paso de maquinaria realizarase sobre as rodeiras anteriores, evitando a compactación do solo e afeccións á vexetación.

-A pista de traballo sinalizarase convenientemente co fin de que os operarios non teñan confusión respecto á súa beira. Evitarase no posible saca-lo vehículo fóra da pista.

-Nos movementos de terras, os maquinistas non soltarán o cazo desde certa altura, senón que depositarán na terra do mesmo xeito en que o fan para a apertura de gabias.

-Tódolos residuos xerados durante a fase de construcción almacenaranse axeitadamente e serán retirados da zona a vertedoiros autorizados, dependendo a súa disposición final da natureza do residuo.

-Non se permitirá a vertedura de entullos, lixo ou desperdicios no contorno da área do proxecto ou en calquera outro lugar non autorizado.

-Extremaranse as precaucións sobre verteduras accidentais de materiais de construcción ou aceite, combustibles e residuos, retirando en caso de accidente o residuo vertido o máis rapidamente posible co fin de evita-la contaminación do solo e das augas.

-As operacións da maquinaria, no caso de que teñan que realizarse na zona de obras, levaranse a cabo en lugares dispostos para isto, arredados dos cursos de auga e procurando que as verteduras sólidas e líquidas (aceites, graxas, pezas, etcétera) sexan debidamente xestionadas.

-Evitaranse os danos innecesarios á vexetación, especialmente á vexetación leñosa e matorreira, en tódolos traballos, apertura de accesos, franxa de seguridade, cimentacións, etcétera.

-Sempre que sexa posible procederase á retirada previa da terra vexetal procedente das obras que impliquen movementos de terra, así como á súa conservación e recuperación posterior nos traballos de restauración e recheo, trasladando o volume sobrante á entulleira autorizada.

-Evitaranse os danos ou molestias innecesarias a calquera animal durante as fases de construcción.

-Levarase a cabo un seguimento detallado dos traballos ó pé da obra, de tal xeito que se se detectase algún xacigo arqueolóxico, comunicarase inmediatamente ó organismo competente e atenderase ás disposicións vixentes canto á súa protección.

ANEXO II

Resultados das consultas a organismos

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural emite un primeiro informe favorable ó Proyecto de L.A.T.

220 kV Mesón do Vento-Vimianzo. Estudio de Impacto Ambiental, e acepta as medidas correctoras do estudio de impacto sobre o patrimonio arqueolóxico, coas seguintes condicións que se incluirán na correspondente declaración de impacto ambiental:

1. Os accesos de nova creación terán que contar cun estudio de impacto das ditas obras que terá que ser informado por esta Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, tendo en conta que a apertura dos ditos accesos non poderá afectar ningún elemento do patrimonio cultural.

2. Previamente ó inicio das obras, elaborarase un proxecto arqueolóxico que terá que ser autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, no que se incluirá:

-A sinalización, na fase previa ó inicio das obras de construcción da liña dos elementos do patrimonio cultural (tanto arqueolóxico como etnográfico) de acordo co estudio de impacto ambiental.

-Control e seguimento arqueolóxico das obras de acordo coas medidas correctoras recollidas no estudio de impacto.

-Coma anexo ó proxecto arqueolóxico deberase recoller, na cartografía empregada polo persoal da obra durante o seu transcurso, un plano no que figurarán as áreas de risco arqueolóxico, coa localización dos elementos do patrimonio cultural, xunto coas súas áreas de exclusión e cautela (obxecto do control de seguimento arqueolóxico). Esrte plano incorporará os textos necesarios para a súa comprensión.

3. Con base nos resultados das actuacións arqueolóxicas, en cada unha das fases da obra a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, como organismo competente na materia, decidirá sobre a conveniencia de establecer outras medidas de protección. Terase en conta que na fase de replanteo se revisarán os impactos e valorarase a aplicación das correspondentes medidas correctoras.

4. Os traballos arqueolóxicos terán que ser levados a cabo por técnicos arqueólogos competentes, de acordo coa Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

5. En relación co impacto severo no xacigo arqueolóxico GA15024020, na zona Z2 deberanse observa-las seguintes medidas correctoras:

-Desprazamento da traza da liña fóra do ámbito de protección do xacigo.

6. En relación co impacto severo no xacigo arqueolóxico Túmulo de Canizadas, na zona Z7 deberanse observa-las seguintes medidas correctoras:

-Sinalización e balizamento.

-Desprazamento da traza da liña fóra do ámbito de protección do xacigo.

Con data do 14 de xullo de 2000, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural emite un segundo informe en relación co desplazamento da liña fóra do ambito de protección dos xacigos, Coordenadas UTM de los apoyos. Mayo de 2000, con código VA 1962 EL 0025 acompañado dos planos Planta general

sobre planeamiento municipal vigente con código 1962 ES 0001, no que conclúe informar favorablemente sobre o cambio de traza proposto polo promotor. Asemade, mantéñense as condicións do anterior informe.

A Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural indica que co fin de darlle unha definición contractual ás medidas adoptadas como resultado da realización do estudio de impacto, os conceptos e datos relacionados coa execución das medidas preventivas e correctoras, contempladas no estudio, así como as que se expoñen neste informe, figurarán na memoria, planos, prego de condicións e orzamento do proxecto de construcción, desenvolvéndose en concordancia con cada un dos documentos anteriores. Tamén se valorarán os gastos derivados do programa de vixilancia ambiental.

Indican a necesidade de incluír nun anexo do proxecto técnico o desenvolvemento das medidas correctoras, protectoras e programa de vixilancia ambiental, podendo definirse este como anexo de integración ambiental; formalmente organizarase como un proxecto de enxeñería: memoria, planos, prego e orzamento.

Ademais do desenvolvemento das medidas propostas no EsIA, indican que deberá fecerse o pertinente coas seguintes medidas:

1. Refiren que se aproveitará ó máximo a rede de camiños xa existentes co fin de minimiza-la construcción de novos tramos de acceso. Considérase axeitada a súa proposta, sen embargo pode xurdi-la necesidade de abrir algunhas novas. Estímase oportuna a sinalización de todas aquelas pistas que sufran unha modificación ou apertura, describindo detalladamente as características que a definen, así como os parámetros do medio que son afectados.

No tocante a aquelas pistas ou trochas abertas durante a fase de execución, haberá que xustifica-la súa necesidade futura ou senón procederase á súa restauración. Débense sinalar todos e cada un dos accesos que se precisen, definindo a obra tecnicamente e describindo os efectos que se desencadeen no medio.

Solicitan que, previamente á execución das vías precisas para o levantamento da liña e paralelamente á proposta de aceptación a Unión Fenosa Distribución, S.A. do plan de traballo previsto pola empresa contratada, se faga o mesmo co órgano ambiental. Podendo así, no caso de estimarse, propoñer un cambio non definido polo contratista. Lembrando que para as pistas se describirán detalladamente as características que as definen, así como os parámetros do medio que son afectados.

2. Son numerosas as zonas nas que se producen cruzamentos de ríos e regatos, nos que deberán concretarse as actuacións que se van realizar, así como as medidas que se adopten sobre todo na vexetación de ribeira.

En todo caso, subliñan que calquera tipo de aproveitamento ou utilización da vexetación nas ribeiras dos ríos precisará de autorización do Servicio Provincial de Medio Ambiente, tal e como se preceptúa no artigo 16 da Lei de pesca fluvial e no artigo 56.2º do regulamento que desenvolve a anterior lei.

3. Deberanse concreta-las actuacións de conservación que se pretenden realizar nas zonas de servidume das liñas, tipo de control da vexetación, cambio de uso do solo en caso de estimarse.

4. Falan da presencia dunha rede hidrográfica relativamente densa, con grande número de pequenos cursos fluviais, no tocante a estes terase en conta o seguinte:

-Evitarase a vertedura de sustancias contaminantes (cementos, entullos, aceites, hidrocarburos ...). En xeral non poderá verse afectada a calidade das augas nas súas características físico-químicas e bióticas, cumprindo para isto o considerado na lexislación vixente de conformidade co disposto na Directiva 78/659/CEE, relativa a calidade das augas continentais, no Real decreto 927/1988, polo que se aproba o Regulamento da dministración pública da auga e planificación hidrolóxica, encontrándose tamén recollido no Decreto 130/1997, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais.

-Non se acumularán no curso natural nin nas zonas de servidume, terra, entullos, material sobrante da construcción ou calquera outro tipo de substancias contaminantes que poidan incorporarse á auga por escorregas ou crecidas.

-Evitarase o arrastre de sólidos en suspensión. Especialmente problemático poden ser os movementos de terras polo que se vixiarán estes e tomaranse as medidas oportunas.

-Prohíbese o lavado de materiais e utensilios nas augas continentais.

5. Non se poderá efectuar ninguna actividade que non veña recollida no EsIA ou ben non sexa proposta na declaración de impacto ambiental.

A Dirección Xeral de Industria emite informe favorable, acompañado dunha proposta de condicións ambientais que inclúe os seguintes puntos:

-Ámbito territorial da actuación.

-Protección do solo.

-Protección da fauna e flora.

-Protección de valores arqueolóxicos e etnográficos.

-Outras medidas.

-Recuperación situación orixinal tras fase de explotación.

-Programa de vixilancia e seguimento ambiental.

-Condicións adicionais.

-Condicións específicas.

-Condicións xerais.

O organismo autónomo Augas de Galicia emite informe favorable, remarcando os seguintes puntos:

1. O estudio de impacto ambiental considérase axeitado, sempre que se controle a aplicación real das medidas correctoras propostas por parte do organismo autorizante.

2. Non se afectarán, ou ben serán repostas na súa totalidade, as instalacións de abastecemento de auga, saneamento ou calquera outra amparada pola lexislación hidráulica que poidan atoparse no trazado das obras e ser alteradas por elas.

3. Na documentación gráfica pódese apreciar que os apoios 27, 29 e 100 se atopan na zona de policía dos leitos, precisando autorización administrativa para as obras. Así mesmo, é necesaria tamén autorización para o cruzamento de liñas eléctricas sobre o dominio público hidráulico. Todas estas autorizacións deberán ser solicitadas ó organismo autónomo Augas de Galicia.

ANEXO III

Resumo das alegacións recibidas

Herminia Loureiro Martínez, veciña do concello da Laracha, presenta as seguintes alegacións:

1. Nulidade do presente trámite de información pública do proxecto de instalación dunha liña de alta tensión de Mesón do Vento-Vimianzo, de 220 kV, por considerar que o proxecto conxuntamente co seu epígrafe de avaliación ambiental xa fora sometido a información pública, considerando que carece de obxecto e infrinxe o procedemento ou trámite actual (segundo R.D. 1131/1988, do 30 de setembro).

2. Infracción do art. 3, alíneas a, b5 e c do Decreto do 13 de setembro de 1990, sobre impacto ambiental da Xunta de Galicia. Non se analizan alternativas en oito concellos dos dez que afecta. Tamén destaca que non se fai un estudio comparativo da situación ambiental actual e futura. Remarca tamén que o estudio de impacto ambiental non respecta o contido mínimo por lei.

3. Falsidade dos datos socioeconómicos do termo municipal da Laracha. Os datos non se corresponden coa realidade.

4. O estudio é parcial e incompleto: Non se inventariaron tódolos elementos patrimoniais existentes. Destaca o impacto visual desde os elementos da arquitectura relixiosa.

5. Non están de acordo sobre os criterios que se din seguir no estudio de impacto á hora de defini-la traza:

-Mínima lonxitude.

-Minimiza-lo número de propietarios afectados.

-Reducción do impacto ambiental.

-Minimiza-la afección de núcleos de poboación.

-Reducción do impacto visual.

6. Sobre a poboación afectada: non se ten en conta nin se fai mención dos efectos da liña eléctrica sobre a poboación.

Os veciños e veciñas de Montemaior (concello da Laracha) presentan as seguintes alegacions:

1. Inexistencia da necesidade da instalación: descoñécese a necesidade enerxética que motive a construcción da liña e o destino da enerxía.

2. O presente estudio de impacto ambiental é un documento xustificativo da solución adoptada seguindo criterios económicos e técnicos: A única comprobación que se fai é a de non viola-la Lei do patrimonio de Galicia.

3. Contradiccións entre o proxecto e os criterios seguidos:

-Mínimiza-la lonxitude.

-Minimiza-lo número de propietarios afectados.

-Minimiza-la afección de núcleos de poboación.

-Reducción do impacto ambiental.

-Reducción do impacto visual.

4. Trazado alternativo: propoñen continua-la liña en dirección oeste desde a aliñación 10.

5. Inexistencia de estudio de alternativas: non existen alternativas na maioría da traza, limitándose ó tramo inicial e final. Tamén se incumpre o punto C do art. 3 e non existe o estudio requirido no número 5 do punto B do art. 3.

6. Incumprimiento do punto C número 6 do artigo 3.: non se indican os procedementos utilizados para coñece-lo grao de repulsa social do proxecto.

7. Falseamento dos datos socioeconómicos: os datos do termo municipal da Laracha son falsos e non responden á realidade.

8. Non se teñen en conta tódolos factores ambientais que poden resultar afectados: na matriz de identificación de impactos non teñen en conta o posible impacto sobre as persoas.

9. A identificación de impactos é incompleta:

-A voltaxe dos cables: non se reflicten os impactos sobre a poboación.

-Confort sonoro.

-A roza e desforestación da franxa de seguridade.

-Non se ten en conta a incidencia da instalación sobre o valor económico das propiedades.

-Non se ten en conta a deteriorización da calidade de vida.

10. Estudio arqueolóxico incompleto: Non se catalogaron tódolos elementos patrimoniais existentes.

As alegacións da comunidade de veciños e veciñas de Montemaior asínanas 274 persoas.

O Concello de Carballo presenta as seguintes alegacións:

1. Solicita que entre as medidas correctoras que se impoñen á instalación que se pretende levar a cabo se inclúa o soterramento da liña.

2. Propón unha traza alternativa baseada nun estudio encargado polo concello.

O concello remite o informe e planos da traza da liña proposta polo estudio realizado.

Amparo Cousillas García, do concello de Coristanco, presenta as seguintes alegacións:

1. Alega que lle chegaron documentos de Unión Fenosa Distribución, S.A. e de Unión Fenosa, S.A.: indistintamente, sen aclararlle se se trata da mesma empresa.

2. Non se cumpren os reais decretos seguintes:

R.D. Lex. 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación de impacto ambiental.

R.D.1131/1998, do 30 de setembro, regulamento para a execución do anterior R.D.

3. Extemporaneidade do trámite de información pública do estudio de impacto ambiental.

4. Incumpre os requisitos legalmente esixibles ós estudios de impacto ambiental: non inclúen exame de alternativas e xustificación da solución proposta.

O Concello de Zas expón a seguinte alegación:

A traza da liña actual está moi preto de vivendas, cos serios e graves prexuízos que a citada liña ocasionará ós veciños así como ós núcleos de poboación existentes, co conseguinte impacto ambiental.

O Concello da Laracha.

O concello remite informe no que se propón unha alternativa de traza e unhas medidas protectoras adicionais, e planos da afección da vexetación, fauna e paisaxe da traza da liña.