Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 20 de abril de 2001 Páx. 5.290

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/19-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do R.D- 1955/2000, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Central Eléctrica Sestelo y Cía, S.A.

Domicilio social: avda. Gabino Bugallal, 44, 36860 Ponteareas.

Denominación: L.M.T. e C.T. en edificio Santo Paio na rúa Alcázar de Toledo.

Situación: Ponteareas.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 100 m de lonxitude, con conductor de 95 mm Al, desde o C.T. do edificio Río Louro ata o C.T. que se proxecta no edificio Santo Paio na rúa Alcázar de Toledo, no concello de Ponteareas. C.T. de 630 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 26 de febreiro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra