Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 20 de abril de 2001 Páx. 5.290

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 16 de marzo de 2001, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se relaciona acordo de concesión de aprazamento ou fraccionamento pendente de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (Iglesias Garrido, José Vicente).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase acordo de concesión de aprazamento ou fraccionamento pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Recadación da Delegación Territorial de Pontevedra en aplicación dos artigos 48 e seguintes do R.D. 1684/1990, do 20 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, perante a secretaría desta delegación, con enderezo na rúa Michelena, 30, Pontevedra, das 9 ás 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 16 de marzo de 2001.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

InteresadoProcedemento

Iglesias Garrido José Vicente

DNI: 35.217.390-C

R/ Quireza, Cerdedo

Acordo concesión aprazamento/fraccionamento de sancións.

Expte.: 3921/00

Liq. 32108