Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 19 de abril de 2001 Páx. 5.201

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 16 de marzo de 2001 pola que se recoñece unha escola de navegación de lecer.

A Orde do 31 de xullo de 1998 desta consellería (DOG nº 164, do 25 de agosto), establece o mecanismo para o recoñecemento das escolas de navegación de lecer.

Tendo solicitado o dito recoñecemento un centro, logo de cumprido o procedemento establecido, procede recoñecelo e realiza-la súa inscrición.

Polo exposto,

RESOLVE:

Artigo 1º

Recoñecer como escola de navegación de lecer na categoría que corresponda o seguinte centro:

Escola Básica de Navegación de Lecer (ENAL Básica).

-Dunasport, S.L., CIF: B-15.443.443, sito na rúa Real, 195-1º esq. de Ferrol (A Coruña), e coa mesma denominación comercial, inscrita co nº XGEN015.

Artigo 2º

Inscribi-la citada escola no Rexistro de Escolas de Navegación de Lecer da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2001.

P.O. (17-12-1997, DOG nº 246 do 22 de decembro)

Juan José Álvarez Pérez

Secretario xeral da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura