Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 19 de abril de 2001 Páx. 5.201

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso e mediante procedemento aberto, para a contratación do servicio de cafetería do Centro de Servicios Sociais de Ribadeo.

Esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación dos servicios de cafetería do Centro de Servicios Sociais de Ribadeo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Delegación Provincial de Lugo da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Axudas e Programas.

2. Canon mínimo de explotación: 48.334 pesetas anuais, 290,49 euros.

3. Tramitación: concurso, procedemento aberto.

4. Exposición de documentación: os pregos de claúsulas administrativas particulares e demais documentación técnica poderá ser examinada nas delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais durante o prazo de presentacións de proposicións de 10 a 14 horas, en días hábiles, agás sábados.

5. As proposicións económicas axustaranse ó modelo establecido que figura unido ó prego de claúsulas administrativas particulares.

6. Fianza definitiva: 30.000 pesetas, 180,30 euros.

7. Criterios de adxudicación: os definidos no punto nº 12 do prego de cláusulas administrativas particulares (folla de especificacións).

8. Documentación que presentarán os licitadores: a esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Lugar de presentación: no rexistro xeral do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo (Ronda da Muralla nº 70, C.P. 27071), en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente.

Se as proposicións se cursan por correo, terá que xustificarse a data de presentación e a comunicación o mesmo día ó órgano de contratación mediante telegrama ou telefax.

10. Prazo de presentación: será de 15 días contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

11. Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións, na sala de reunións da Delegación Provincial de Lugo da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais sita na Ronda da Muralla nº 70. Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte, á mesma hora.

12. Os gastos derivados deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Lugo, 19 de marzo de 2001.

P.A- (Artigo 16.2º Decreto 198/1994, do 16 de xuño)

Antonio Dacal López

Secretario provincial de Lugo