Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 19 de abril de 2001 Páx. 5.178

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (34/2001).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos 34/2001, seguidos por instancia de Benito Tilve Balladares contra Estudios y Construcciones en Mera, S.L. sobre despedimento, nos que recaeu sentencia en data 8-3-2001 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que, estimando a demanda formulada por Benito Tilve Balladares, declaro a improcedencia do seu despedimento e condeno a empresa Estudios y Construcciones en Mera, S.L. a que, á súa escolla, que se debe efectuar no prazo de cinco días, o readmita no seu posto e condicións de traballo ou o indemnice coa cantidade de 270.898 pesetas, con aboamento, en todo caso, dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a de notificación desta sentencia, que ata a data ascenden á cantidade de 386.880 pesetas».

Notifíqueselle a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este xulgado do social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte o da súa notificación.

Prevense á empresa demandada que para recorrer deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións código 5604.0000.60 34.2001 do Banco Bilbao-Vizcaya desta cidade, denominada Conta do Xulgado do Social número tres, o importe da condena e 25.000 pesetas en concepto de depósito, requisitos sen os cales non será admitido a trámite o recurso e quedará firme a sentencia.

Así mesmo advírteselle á parte demandada que, se fai uso de tal dereito, optando pola readmisión, durante a sustanciación do procedemento deberá aboarlle á parte demandante o mesmo salario que

percibiría, estando obrigada esta a presta-los seus servicios á demandada, a menos que a mesma prefira facer uso de tal aboamento sen percibir compensación ningunha por parte da demandante.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, o pronuncio, mando e asino.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia a fin de que sirva de notificación en forma á empresa Estudios y Construcciones en Mera, S.L., expido e asino a presente cédula na Coruña o 16 de marzo de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado