Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 18 de abril de 2001 Páx. 5.127

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador P-186/2000.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan as resolucións dos ditos expedientes, por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, sobre pesca fluvial en Galicia.

1. Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Medio Ambiente. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

2. O importe da sanción, así como o da indemnización faranse efectivos, dentro do prazo de quince días contados desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta 90/3110001181 de Caixa Galicia (2091), oficina (0388). De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

3. O rescate do comisado, no caso de que se trate de utensilios de uso lícito, poderá obterse logo de pagamento da contía total da sanción e indemnización dentro prazo establecido no parágrafo anterior.

Pontevedra, 23 de marzo de 2001.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: P-186/2000.

Denunciado: Francisco José Martínez Diz; enderezo: r/ Pino 78-1º-Vigo.

DNI: 36.078.448.

Feitos denunciados: pescar en zona de desenvocadura sen a correspondente licencia de pesca. Feitos acontecidos ás 9.15 horas do día 5 de agosto de 2000, no río Verdugo ó seu paso por Ponte Sampaio no concello de Pontevedra.

Data do acordo da incoación: 26-10-2000.

Data do acordo da proposta: 16-1-2001.

Proposta: sancionar a Francisco José Martínez Diz con multa de 50.001 pesetas e unha inhabilitación para obte-la licencia de pesca e para o exercicio desta actividade durante 1 ano.

Alegacións á proposta: presenta escrito no seu descargo con data do 18-12-2000.

Feitos probados: pescar en zona de desembocadura sen a correspondente licencia.

Precepto infrinxido: 34.1º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Circunstancias concorrentes: non se aprecian.

Sanción: 50.001 pesetas.

Inhabilitación: para obte-la licencia de pesca e para o exercicio desta actividade durante 1 ano.