Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 18 de abril de 2001 Páx. 5.115

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 14 de marzo de 2001, da Dirección Xeral de Tributos, polo que se notifica resolución de reintegro de pagamentos indebidos a Mercedes Paz Díaz.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícase por medio deste anuncio, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, a resolución da Dirección Xeral de Tributos pola que se lle require á persoa que se relaciona no anexo o reintegro do importe que se indica e polo concepto que se sinala.

A correspondente delegación territorial da Consellería de Economía e Facenda que se indica emitirá a oportuna liquidación, na que constará a forma e prazo de ingreso.

Contra a resolución obxecto de notificación poderá interpor, no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio, sen que poidan simultanearse, algún dos seguintes recursos:

-Recurso de reposición perante o órgano que a dictou, segundo o establecido no Real decreto 2244/1979, de 7 de setembro.

-Recurso económico-administrativo perante o Tribunal Económico-Administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o establecido no Decreto 34/1997, do 20 de febreiro.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2001.

María Casais Mira

Directora xeral de Tributos

ANEXO

Debedor/a: Paz Díaz, Mercedes.

NIF: 35.938.183 Q.

Importe: 264.005 pesetas.

Concepto: nóminas.

Delegación de Economía e Facenda: Vigo.