Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 18 de abril de 2001 Páx. 5.114

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 8 de marzo de 2001, do recadador de zona de Vigo, polo que se notifica o expediente de constrinximento contra os debedores que se sinalan (Bartol Chao, Antonio e tres máis).

O recadador da Xunta de Galicia, titular da zona de Vigo, por medio do presente anuncio fai saber que se segue nesta oficina expediente de constrinximento contra os debedores que se sinalan na lista que se xunta. Nos devanditos expedientes dictouse a dilixencia de embargo sobre os bens que aparecen como propiedade dos debedores; dilixencia que non puido ser notificada ós interesados a pesar dos intentos feitos nese sentido. A referencia da dilixencia é a que se sinala no anexo.

Todo o dito faise en cumprimento dos artigos 110 e seguintes (capítulo IV-título I) do vixente Regulamento xeral de recadación.

Do presente embargo tomarase nota no rexistro que corresponda, a favor da Xunta de Galicia.

O que se publica para os efectos de notificación, coa advertencia de que os interesados poderán presentar recurso de reposición no prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó desta publicación, perante o Servicio Central de Recadación da Xunta de Galicia, sito no edificio administrativo de San Caetano, de Santiago de Compostela, ou reclamacion económico-administrativa perante o tribunal da devandita xurisdicción, sen que poidan simultanearse ámbolos dous recursos.

Vigo, 8 de marzo de 2001.

Javier Sánchez García

Recadador da zona de Vigo

ANEXO

DebedorNIFData

dilixencia

Descrición

Bartol Chao Antonio35.845.338-E12-2-01Embargo de contas

Bartol Chao Antonio35.845.338-E22-2-01Embargo de contas

Gómez Fraga José Fco.36.071.559-S20-2-01Embargo de nómina

Milagros Ríos Álvarez

Alfonso Covela Campos (cónxuxe)

34.964.082-B10-1-01Embargo de inmobles

Presa González Rogelio35.788.373-M22-1-01Embargo de contas