Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 18 de abril de 2001 Páx. 5.087

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2001, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena o rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Bebidas Gaseosas del Noroeste, S.A. (Begano, S.A.), para o ano 2001.

Visto o texto para a revisión salarial do convenio colectivo de traballo da empresa Bebidas Gaseosas del Noroeste, S.A. (Begano, S.A.), subscrito entre a Dirección de Recursos Humanos e o Comité Intercentros o 19 de xaneiro de 2001, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e o artigo 2 do Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

A Dirección Xeral de Relacións Laborais,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición da devandita revisión salarial no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remiti-lo texto orixinal ó correspondente servicio deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2001.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais

Acta da reunión entre a dirección de Begano

e o Comité Intercentros

Na Coruña a 19 de xaneiro de 2001, reúnense nos locais da empresa Begano, S.A. os seguintes señores:

Polo Comité Intercentros:

Teodoro Castro Romero (CTI).

Eliseo Morente Torres (CTI).

Jorge Amoedo Alonso (CTI).

José Luis Fuentes Sampedro (CTI).

Manuel Añón Gorín (CC.OO.).

Francisco Tomás Prego González (CC.OO.).

Mª Carmen Barba Fernández (UGT).

José Rodríguez Juiz (UGT).

José Esmorís Añón (CIG).

Asisten os delegados sindicais: Manuel Salgado Garea, de UGT, Javier Seisdedos López, de CTI e Ángel Ramos Vázquez, de CC.OO.

Pola dirección:

José Picado Carballeira.

Manuel Estévez Díaz.

O obxecto da reunión constitúeo modifica-lo artigo 15.-Antigüidade do vixente convenio colectivo, segundo proposta no seu día presentada pola dirección e posteriormente estudiada e modificada en diferentes reunións coa RLT, ademais de efectua-la revisión salarial para 2001, chegando os seguintes acordos:

Primeiro.-Modifícase o artigo 15.-Antigüidade do vixente convenio colectivo, quedando a súa redacción como segue:

Establécese para o persoal fixo do cadro, que adquirise esta condición con anterioridade ó 1-1-2001, un complemento de antigüidade consistente en dous bienios do 5% e sete trienios do 6% sobre o salario base de cualificación. Este persoal continúa, por tanto, percibindo a antigüidade de acordo co sistema polo que xa o vén facendo.

Os empregados que adquiran condición de fixo a partir do 1-1-2001, non percibirán antigüidade segundo o establecido no parágrafo anterior, e no seu lugar percibirán un novo complemento ad personam denominado complemento de permanencia, de acordo coas cantidades por paga que se indican na seguinte táboa, que serán revisables en función dos incrementos que se establezan para cada ano.

CategoríaComplemento

de permanencia

Axudante3.120 pesetas/paga

Oficial de 2ª4.160 pesetas/paga

Oficial de 1ª5.200 pesetas/paga

Monitor5.720 pesetas/paga

Xefe de grupo e superior6.760 pesetas/paga

A percepción dos complementos establecidos nos parágrafos anteriores serán incompatibles entre si.

Segundo.-Procédese a actualiza-la táboa salarial de 2000 nun 2%, correspondente á diferencia producida entre o IPC previsto: 2% e o IPC real: 4%. O importe destas cantidades farase efectivo en concepto de atrasos na nómina de xaneiro.

Terceiro.-Procédese a incrementa-la táboa salarial para 2001 de acordo co establecido no artigo 14 do vixente convenio colectivo. Corresponde un incremento dun 2% (IPC previsto) máis 1 punto. A nova táboa entrará en vigor con efectos do 1 de xaneiro de 2001.

Táboas de salarios e complementos

Ano 2001

SalariosComplemento

convenio

Complemento

transporte

CategoríaSalario

diario

Salario

mes

C. conv.

diario

C. conv.

mensual

Penaliz.

diaria

C. trans.

mensual

Peón (eventual)3.03491.02074722.41057614.400

Axudante (eventual)3.486104.58073722.11057614.400

Axudante e auxiliar adm.3.486104.58085025.50057614.400

SalariosComplemento

convenio

Complemento

transporte

CategoríaSalario

diario

Salario

mes

C. conv.

diario

C. conv.

mensual

Penaliz.

diaria

C. trans.

mensual

Oficial 2ª3.692110.76080024.00057614.400

Oficial 1ª e monitor3.866115.98078023.40057614.400

Enc. grupo e preventista4.264127.92069620.88057614.400

Encargado de sección5.052151.56062218.66057614.400

Encargado xeral5.925177.75050215.06057614.400