Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 17 de abril de 2001 Páx. 5.065

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

Por Decreto da Alcaldía nº 1177/2001, do 9 de marzo, estimouse parcialmente o recurso presentado contra o anuncio deste concello polo que se publicaba o concurso con procedemento aberto e polo trámite de urxencia para a contratación das obras

de ampliación do parque da Capela, en Montrove (Liáns) e ampliación do parque da Capela, en Montrove (Liáns), fase II, no que se refire á nulidade do acto de clasificación por entenderse non axustado a dereito, retrotraéndose o expediente a ese momento.

Xa que logo, procédese a darlle nova publicidade a esta licitación:

O Concello de Oleiros contrata, por medio de concurso con procedemento aberto e polo trámite de urxencia, a execución das obras seguintes:

Obxecto: ampliación do parque da Capela, en Montrove (Liáns).

Ampliación do parque da Capela, en Montrove (Liáns), fase II.

Orzamento de licitación:

Ampliación do parque da Capela, en Montrove (Liáns): 21.026.740 pesetas (IVE incluído).

Ampliación do parque da Capela, en Montrove (Liáns), fase II: 8.347.930 pesetas (IVE incluído)

Total: 29.374.670 pesetas (IVE incluído).

Clasificación.

Grupo K, subrupo 6, categoría c.

Grupo C, subgrupo 4, categoría c.

Fianzas.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Prazo de execución.

Ampliación do parque da Capela, en Montrove (Liáns): catro meses.

Ampliación do parque da Capela, en Montrove (Liáns), fase II: dous meses.

Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral do Concello de Oleiros durante o prazo de trece días (13) naturais contados a partir do día seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación, xa sexa no BOP ou no DOG, ata as 13 horas.

Faise constar que os licitadores deberán presentar ofertas para a totalidade das obras incluídas no obxecto do presente contrato (proxecto inicial e segunda fase), indicando o prezo individual para cada obra e o total da oferta: de acordo co modelo indicado nos anexos do prego de cláusulas administrativas.

Prego de condicións: poderá recollerse na secretaría xeral do Concello de Oleiros, desde as 9 ata as 13 horas.

Os gastos de publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Oleiros, 28 de marzo de 2001.

Esther Pita Pita

Alcaldesa