Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 17 de abril de 2001 Páx. 5.065

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

ANUNCIO da oferta de emprego público para 2001.

Expediente: 2001003s.

Asunto: oferta de emprego público para o ano 2001.

Trámite: aprobación.

De conformidade co establecido no artigo 21.1º g) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, no artigo 128 do texto refundido do réxime local, aprobado polo Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, e demais lexislación aplicable, e visto o cadro de persoal aprobado polo concello, a Alcaldía-Presidencia resolve:

Aproba-la oferta de emprego público para 2001, que a seguir se detalla:

a) Funcionarios de carreira.

Denominación das prazas: cabo policía local.

Escala: admón. especial.

Grupo: D.

Nº prazas: 1.

b) Persoal laboral fixo.

Denominación postos de traballo: peón P. móbil.

Titulación: estudios primarios.

Nº postos: 1.

Denominación postos de traballo: peón.

Titulación: estudios primarios.

Nº postos: 1.

Nigrán, 9 de marzo de 2001.

José Manuel Rial Cadaval

Alcalde