Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 17 de abril de 2001 Páx. 5.063

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 1 de marzo de 2001 pola que se convoca concurso público para a contratación do arrendamento de servicios para a prestación de tarefas e actividades de apoio e auxilio á docencia nos cursos, xornadas, seminarios e demais actividades organizadas pola Escola Galega de Administración Pública.

Advertido erro por mala colocación na publicación da devandita resolución, producida no Diario Oficial de Galicia, por canto figura no punto III. Outras disposicións, cómpre face-la oportuna corrección no sentido de situala no punto VI.a) Anuncios da Administración autonómica.