Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 17 de abril de 2001 Páx. 5.063

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 20 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se somete a información pública a solicitude para a declaración como recursos da sección B os residuos mineiros de Penouta no concello de Viana do Bolo (Ourense).

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Ourense, dá a coñecer que a sociedade Río Narcea Gold Mines, S.A., con CIF nº A-78987211, con domicilio en Salas, avda. Llaniello 13, baixo, 33860-Asturias, presentou unha solicitude de declaración de recursos da sección B para os residuos existentes na antiga balsa de decantación das minas de Penouta, concello de Viana do Bolo e que se estende sobre unha superficie de 18 hectáreas, comprendidas entre os meridianos 7º0'40'' e 7º1'40'', e os paralelos 42º10'40'' e 42º11'40''.

Polo ámbito xeográfico que comprende a petición, así como polo alcance do seu posible aproveitamento, a declaración solicitada integrará calquera outra realizada con anterioridade sobre estes residuos.

O que se fai público, para que, calquera interesado, poida comparecer no expediente e alegalo que considere conveniente no prazo de trinta días.

Ourense, 20 de febreiro de 2001.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense