Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 17 de abril de 2001 Páx. 5.059

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 2001 pola que se convoca, mediante concurso aberto, a contratación en réxime de concesión, do servicio de cafetería do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo.

1. Obxecto: servicio de cafetería do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo.

2. Garantía provisional:

600.000 pesetas (3.606,07 euros).

3. Garantía definitiva:

1.200.000 pesetas (7.212,14 euros) .

4. Garantía complementaria:

1.200.000 pesetas (7.212,14 euros).

5. Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá retirarse na Subdirección Xeral de Contratación da Consellería da Presidencia e Administración Pública os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de pro

posicións, sita no Edificio Central do complexo administrativo de San Caetano, 2ª planta en Santiago de Compostela, e no enderezo da Internet: http.//www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=255.

5. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Xunta de Galicia, situado na planta baixa do edificio central do complexo administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de Contratación do Estado. O prazo de admisión será de quince días naturais, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio.

6. Apertura de proposicións: en acto público, nunha das salas de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública (soto do edificio central de San Caetano), ás dez horas do día 7 de maio de 2001.

O importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario, que ó aboará con antelación á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2001.

P.D. (Orde 22-2-1999)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Pública