Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 17 de abril de 2001 Páx. 5.051

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 3 de abril de 2001 pola que se exclúe do Catálogo de Montes de Utilidade Pública o monte Pena dos Mosqueiros do concello de Negueira de Muñiz, da provincia de Lugo.

De conformidade co establecido no artigo 43 do Regulamento de montes, do 22 de febreiro de 1962, e á vista do disposto no artigo 13 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no Real decreto 1535/1984, do 20 de xuño, polo que se transfiren á Comunidade Autónoma de Galicia competencias en materia de conservación da natureza, esta consellería, logo da proposta da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural,

DISPÓN:

Artigo único.-Dar de baixa do Catálogo de Montes de Utilidade Pública, por quedaren firmes as resolucións do Xurado Provincial de Montes, que o clasifica como veciñal en man común, o seguinte:

Número: 26.

Concello: Negueira de Muñiz.

Nome: Pena dos Mosqueiros.

Pertenza: parroquia de Barcela.

Límites.

Norte: con monte da parroquia de Morelli.

Leste: con propiedades particulares.

Sur: con propiedades particulares.

Oeste: con propiedades particulares.

Especie: queiroga.

Cabida total: 125 ha.

Cabida forestal: 125 ha.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e en contra delo, poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 109 e 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa, ou exercer calquera outro que coide pertinente.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2001.

José Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente