Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 17 de abril de 2001 Páx. 5.047

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Cristalería Coca, S.L.

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Cristalería Coca, S.L., con nº de código 3603402, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 21-2-2001, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo delegado de persoal, con data 12-2-2001. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado

á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 27 de febreiro de 2001.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo da empresa

Cristalería Coca, S.L.

Capítulo I

Condicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio regulará as relacións laborais entre a empresa Cristalería Coca, Sociedad Limitada e tódolos traballadores que presten servicios nela, exceptuando unicamente aquelas persoas ás que alude o artigo 2 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 2º.-Ámbito temporal.

O presente convenio colectivo terá unha duración de dous anos, contados desde o 1 de xaneiro de 2000 e finalizando o seu efecto o trinta e un de decembro de 2001, con independencia da súa data de publicación no boletín oficial correspondente.

Artigo 3º.-Denuncia.

O convenio queda automaticamente denunciado ó finaliza-la súa vixencia, comprometéndose ámbalas partes a inicia-la negociación do novo convenio un mes antes do seu remate.

Artigo 4º.-Ámbito persoal.

Respectaranse as situacións persoais que con carácter de cómputo anual excedan destas normas estrictamente (ad personam).

Como as melloras económicas que se implantan en virtude deste convenio teñen o carácter de mínimas no seu conxunto subsistirán os pactos, cláusulas, implantadas pola empresa que significasen condicións máis beneficiosas para os traballadores.

Artigo 5º.-Vinculación á totalidade.

As condicións pactadas forman un todo orgánico, indivisible e, para os efectos da súa aplicación práctica, serán consideradas globalmente.

Artigo 6º.-Comisión paritaria.

Para vixia-lo cumprimento do convenio e co fin de interpretalo cando proceda constitúese unha comisión mixta paritaria formada por un representante dos traballadores e outro da empresa.

Capítulo II

Tempo de traballo

Artigo 7º.-Xornada de traballo.

A duración da xornada ordinaria de traballo será de corenta horas semanais de traballo efectivo de media en cómputo anual.

A empresa poderá distribuí-la xornada establecida no parágrafo anterior durante o ano mediante criterios de fixación uniforme ou irregular. Afectando a uniformidade ou irregularidade a todo ou parte do cadro de persoal da empresa en función das previsións das distintas cargas de traballo e desprazamentos da demanda. En todo caso a distribución irregular da xornada respectará os períodos de descanso diario e semanal previsto no Estatuto dos traballadores.

Artigo 8º.-Vacacións.

Os traballadores afectados polo presente convenio desfrutarán de trinta días naturais de vacacións.

Sempre que o permitan as necesidades do servicio, o traballador poderá fracciona-las súas vacacións tantas veces como o desexe.

Establécese como período preferente para o desfrute das vacacións o comprendido entre o un de xuño e o trinta de setembro.

Artigo 9º.-Permisos retribuídos.

A empresa concederá ó persoal, logo do aviso e xustificación, permiso retribuído nos casos seguintes:

a) Matrimonio, quince días.

b) Nacemento de fillo, tres días.

c) Falecemento, accidente ou enfermidade grave ou hospitalización de parentes ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, tres días. Se cómpre desprazamento, catro días.

d) Traslado de domicilio habitual, un día.

e) Cumprimento de deberes públicos, polo tempo imprescindible.

f) Realización de funcións sindiciais ou de representación do persoal, nos termos establecidos legalmente.

g) Realización de exames prenatais e técnicas de preparación de parto que deban realizarse dentro da xornada de traballo, o tempo indispensable.

h) Lactación de fillo menor de nove meses, unha hora de ausencia ó traballo, que se poderá dividir en dúas fraccións, ou reducción da xornada en media hora coa mesma finalidade.

i) Coidado directo dun menor de 6 anos ou diminuído físico, psíquico ou sensorial que non desempeñe actividade retribuída. Reducción da xornada de traballo con diminución proporcional do salario entre, polo menos, un tercio e un máximo da metade da duración daquela.

j) Coidado directo dun familiar, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade que, por razóns de idade, accidente ou enfermidade, non poida valerse por si mesmo, que non desempeñe actividade

retribuída, reducción da xornada de traballo con diminución proporcional do salario entre, polo menos un tercio, e un máximo da metade da duración daquela.

k) Por asuntos propios, un día.

l) O persoal que precise asistir a consultorio médico en horas coincidentes coa xornada de traballo disporá do tempo preciso para iso.

Artigo 10º.-Día da empresa.

Acórdase considerar como día festivo para todo o persoal da empresa a tarde do 29 de setembro.

Artigo 11º.-Noiteboa e anovello.

Os traballadores afectados por este convenio terán dereito ó desfrute do descanso as tardes dos días 24 e 31 de decembro.

Capítulo III

Estructura do salario

Artigo 12º.-Retribucións.

Todo o persoal afectado polo presente convenio percibirá as retribucións consignadas na táboa anexa I para o ano 2000.

Para o ano 2001 aplicaranse as retribucións consignadas na táboa anexa II.

Artigo 13º.-Revisión salarial.

No caso de que o IPC rexistrase a 31 de decembro do 2000 un incremento, respecto do 1 de xaneiro, superior ó incremento salarial para o ano 2001, efectuarase unha revisión salarial do exceso sobre a dita porcentaxe.

Artigo 14º.-Complemento de transporte.

Establécese un complemento de transporte, que será aboado por día efectivo de traballo nas contías seguintes:

Do 1-1-2000 ó 31-12-2000: 431 pesetas.

Do 1-1-2001 ó 31-12-2001: 450 pesetas.

Artigo 15º.-Axudas de custo e desprazamentos.

As axudas de custo para o persoal que, en razón de métodos da organización de empresa, deba efectuar saídas quedan establecidas do seguinte xeito:

Ano 2000Ano 2001-Axuda de custo5.0005.200-Media axuda de custo2.0002.080

Nos desprazamentos que se efectúen en coche propio aboarase a cantidade de 24 pesetas/km para o ano 2000 e de 26 pesetas/km para o ano 2001.

Artigo 16º.-Gratificacións extraordinarias.

O persoal afectado por este convenio percibirá as gratificacións extraordinarias correspondentes ós meses de xullo e decembro polo importe dunha mensualidade cada unha delas, calculadas sobre o salario que se fixa na táboa anexa correspondente.

O ano enténdese dividido en dous semestres naturais. O primeiro corresponde á gratificación de xullo, e o segundo á de Nadal.

Artigo 17º.-Paga de beneficios.

A empresa aboará ós traballadores unha paga extra anual de nominal de beneficios. A súa contía será dunha mensualidade calculada sobre o salario que se fixa na táboa anexa correspondente. Esta paga extra será aboada ós traballadores durante o primeiro trimestre do ano seguinte. A gratificación aboarase en proporción ó tempo traballado nos doce meses inmediatamente anteriores á data do seu aboamento.

Capítulo IV

Prestacións sociais

Artigo 18º.-Incapacidade temporal.

Complemento de prestación de incapacidade temporal: A empresa complementará a prestación económica por incapacidade temporal ata o cento por cento do salario base do traballador nos seguintes casos e durante o tempo que se indica para cada un:

a) IT: derivada de accidente profesional ou enfermidade profesional; desde o primeiro día e ata a alta médica.

b) IT: derivada de accidente non laboral ou enfermidade común; con hospitalización, desde o primeiro día cun máximo de catro meses.

Artigo 19º.-Indemnizacións.

Establécense as seguintes indemnizacións para tódolos traballadores afectados por este convenio:

a) No caso de morte derivada de enfermidade común ou accidente non laboral, o importe dunha mensualidade de tódolos conceptos das táboas do convenio aplicable vixentes en cada momento.

b) No caso de morte, incapacidade permanente absoluta ou gran invalidez, derivadas de accidente de traballo ou enfermidade profesional:

-Ano 2000: 5.750.000 pesetas.

-Ano 2001: 6.000.000 de pesetas.

c) No caso de incapacidade permanente total, derivada de accidente de traballo ou enfermidade profesional: 1.000.000 de pesetas.

Nos supostos de morte as indemnizacións establecidas aboaranse á viúva ou beneficiarios do traballador segundo as normas da Seguridade Social.

Estas indemnizacións terán vixencia desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro dos anos respectivos.

Artigo 20º.-Recoñecementos médicos.

A empresa virá obligada a realizar recoñecementos médicos periódicos a tódolos traballadores ó seu servicio, polo menos unha vez ó ano.

Artigo 21º.-Roupa de traballo.

A empresa dotará o seu persoal da axeitada roupa de traballo. O persoal recibirá dúas fundas por ano ou peza similar. A primeira funda será entregada o 1 de xaneiro de cada ano e a outra a primeiros de xullo, sendo obrigatorio o seu uso para o persoal ó que se lle entreguen as devanditas pezas.

Capítulo V

Categorías profesionais

Artigo 22º.-Clasificación empresarial.

Persoal administrativo.

Xefe administrativo: é aquel empregado que, provisto ou non de poder, ten a responsabilidade directa da oficina da empresa. Dependen del as diversas seccións administrativas ás que imprime unidade.

Oficial de 1ª: é aquel empregado que actúa ás ordes dun xefe, se o houber, e que ten un servicio determinado ó seu cargo, dentro do cal exerce iniciativa e posúe responsabilidade con ou sobre outros empregados ás súas ordes, realizando traballos que requiren cálculo, estudio, preparación ou condicións axeitadas.

Considéranse incluídos nesta categoría os contables que leven eles sós a contabilidade.

Oficial de 2ª: é o empregado que con iniciativa e responsabilidade restrinxida e subordinada a un xefe ou a un oficial de primeira, se o houber, realiza traballos de carácter auxiliar ou secundario que só esixen coñecementos xerais da técnica administrativa.

Auxiliar: é o empregado que se dedica a operacións elementais administrativas e, en xeral, ás puramente mecánicas e inherentes ó traballo da oficina ou despacho.

Especialistas de industria:

Encargado: é o empregado que, ás ordes dun técnico ou xerente, reúne condicións prácticas para dirixir un grupo de profesionais ou peóns nos seus labores.

Oficial de 1ª: é o empregado que, unha vez realizada a aprendizaxe coa debida perfección e adecuado rendemento, executa, con iniciativa e responsabilidade, todas ou algunha das tarefas propias deste, con productividade e resultados correctos, coñecendo as máquinas, os útiles e ferramentas que teña ó seu cargo para coidar da súa normal eficacia, engraxamento e conservación, poñendo en coñecemento dos seus superiores calquera desperfecto que observe e que poida diminuí-la productividade.

Oficial de 2ª: é o empregado que realiza os mesmos cometidos asignados ó oficial de 1ª, cun rendemento ou grao de especialización menor ca este.

Oficial de 3ª: é o empregado que axuda á realización das tarefas encomendadas ós oficiais de 1ª e 2ª.

Peón especialista: os dedicados a aquelas tarefas concretas e determinadas que sen constituír un oficio esixen sen embargo certa práctica e especialidade.

Peón: é o empregado encargado de executar labores para a realización das cales se require predominantemente a achega de esforzo físico. Poden presta-los seus servicios indistintamente en calquera servicio ou centro de traballo.

Capítulo VI

Outros acordos

Artigo 23º.-Seguridade e saúde laboral.

Delegado de prevención: aplicarase establecido pola lexislación vixente.

Formación: a empresa facilitará as horas precisas para a formación do delegado de prevención.

Así mesmo, a empresa procurará impartir formación, ben por si mesma ou por medios externos, a tódolos traballadores, en materia de seguridade e prevención de riscos laborais.

Artigo 24º.-Dereitos da muller traballadora.

Non haberá discriminación por razón de sexo en materia de retribución, xornada laboral e demais condicións de traballo.

Artigo 25º.-Comisión negociadora.

Este convenio foi negociado na representación da empresa por Agustín Bartolomé Domínguez e dos traballadores, polo delegado de persoal Evaristo Rodríguez Figueroa.

ANEXO I

Táboa salarial ano 2000

CategoríasPesetas

Persoal administrativo

Enxeñeiros e licenciados145.680

Enxeñeiros técnicos136.740

Xefe administrativo123.518

Oficial de 1ª110.125

Oficial de 2ª101.508

Auxiliar96.008

Especialistas de industria

Encargado de almacén108.665

Oficial 1ª101.474

Oficial 2ª96.006

Oficial 3ª88.059

Peón especialista85.815

Peón83.433

AprendizS.M.I.

ANEXO II

Táboa salarial ano 2001

CategoríasPesetas

Persoal administrativo

Enxeñeiros e licenciados151.507

Enxeñeiros técnicos142.210

Xefe administrativo128.459

Oficial de 1ª114.530

Oficial de 2ª105.579

Auxiliar99.848

Especialistas de industria

Encargado de almacén113.012

Oficial 1ª105.532

CategoríasPesetas

Oficial 2ª99.846

Oficial 3ª91.581

Peón especialista89.248

Peón86.770

AprendizS.M.I.