Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 17 de abril de 2001 Páx. 5.046

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 2000, do convenio colectivo do sector de rematantes e serradores de madeira.

Vista a acta da revisión salarial para o ano 2000 do convenio colectivo do sector de rematantes e serradores de madeira, con nº de código 3601075, que tivo entrada nesta delegación provincial o día

23-2-2001, subscrito en representación da parte económica polo Grupo Provincial de Rematantes y Aserradores de Maderas, e da parte social, polas centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG, en data 14-2-2001. De conformidade co disposto no artigo 25 do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios

da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 27 de febreiro de 2001.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo de traballo do sector de rematantes e serradores de madeiras da provincia de Pontevedra

Asistentes.

CC.OO.:

Marcos González Oliveira.

UGT:

Ramón Carrera Molares.

CIG:

Xosé Xoán Melón González.

Representación empresarial:

Antonio Luis Pérez Giménez.

Jesús Baquero Moreira.

Juan José Busto Rodríguez.

Secretaria de actas:

Ana Mª Martín Herrero.

En Vigo, nos locais da Confederación Provincial de Empresarios de Pontevedra, sendo as dezaoito horas do día catorce de febreiro de dous mil un reúnese a comisión paritaria do convenio colectivo de traballo do sector de rematantes e serradores de madeiras da provincia de Pontevedra, co obxecto de aplica-la cláusula de revisión salarial establecida no artigo 25 do convenio para o ano dous mil. Asisten os señores sinalados arriba.

Para 2000 o convenio colectivo establece un incremento salarial do 3,9%. O IPC do 31 de decembro de 2000 rexistrou un incremento respecto do 1 de xaneiro do 4%, polo que en aplicación do artigo 25 do convenio debe efectuarse unha revisión salarial do 0,1% que se pagará con efectos do 1 de xaneiro de 2000 de acordo coa táboa salarial anexa.

ANEXO

Táboa salarial 2000

Salario

base

Compensación

antigüidade

Retribución

total

Persoal de fábrica e monte

Encargado xeral98.4024.395102.797

Encargado de sección e producción96.3834.395100.778

Oficial de 1ª, xefe de grupo, serrador de 1ª, galerista de 1ª, afiador e conductor de camión95.6994.395100.094

Oficial de 2ª, serrador de 2ª, galerista de 2ª, tronzador mecánico, motoserrista, tractorista, carretilleiro e operario de escavadora92.6394.39597.034

Axudante de afiador, axudante de serrador, serrador de serra circular, cortador e garda89.4824.39593.877

Peón, medidor e especialista de secadoiro88.7984.39593.193

Aprendiz ou pinche de 16 e 17 anos83.9814.39588.376

Persoal administrativo e técnico

Xefe de oficina, xefe de ofinica técnica, analista programador ou de sistemas106.1144.395110.509

Oficial de 1ª, delineante técnico especialista, programador99.1224.395103.517

Oficial de 2ª, delineante técnico auxiliar, operador93.6554.39598.050

Viaxante e corredor de praza91.8204.39596.215

Auxiliar administrativo, telefonista87.5674.39591.962

Acórdase a súa remisión á autoridade laboral co obxecto do seu rexistro e posterior publicación no Diario Oficial de Galicia e BOP. Autorízase a Ana Mª Martín Herrero para levar a cabo as xestións necesarias. Non tendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión sendo as dezaoito horas do día arriba indicado.