Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 16 de abril de 2001 Páx. 4.976

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2001 pola que se convoca concurso público aberto, de tramitación ordinaria, para a contratación dunha asistencia técnica para a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anúnciase a licitación dun contrato, suxeito ás seguintes bases:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, adscrita á Consellería da Presidencia e Administración Pública.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión.

c) Nº de referencia: 2001-04-564.

2. Obxecto do contrato

Descrición do obxecto: o obxecto deste contrato plurianual é o desenvolvemento do programa IDIPYME-2001 (Programa de Fomento da I+D+I en Pemes) que ten como finalidade prestar servicios de titoría, formación e asesoramento a un grupo de empresas que non contan con experiencia suficiente na xestión da I+D+I pero que mostran interese en iniciarse neste tipo de actividades.

b) Prazo de execución: os traballos obxecto do contrato realizaranse por fases, e os prazos de execución son os seguintes:

-Fase preliminar: constitución do equipo de traballo e establecemento dos mecanismos de coordinación entre os distintos participantes.

-Fase 1: identificación de ideas de proxectos de I+D+I, así como dos recursos físicos e humanos dispoñibles na empresa para xestionar un proxecto.

-Fase 2: elaboración dun informe preliminar do proxecto de I+D+I a partir dos resultados obtidos na fase anterior. Mediante este informe detéctase qué tipo de servicio de titoría necesitará a empresa para pór en marcha o devandito proxecto. Esta fase inclúe a impartición de sesións formativas de apoio ás empresas participantes, coa finalidade de axudarlles a definir mellor a súa idea.

-Fase 3: diagnóstico de viabilidade técnica, económica e de xestión dos proxectos.

Os traballos de realización destas fases realizaranse entre a data de sinatura do contrato e o 1 de decembro de 2001.

-Fase 4: asistencia á posta en marcha dos proxectos de I+D+I mediante titorías, accións formativas e elaboración de materiais de apoio.

Os traballos de realización desta fase realizaranse entre o 1 de xaneiro de 2002 e o 30 de abril de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: o orzamento máximo autorizado ascende a once millóns de pesetas (11.000.000) dos que cinco millóns seiscentas mil pesetas (5.600.000) corresponden á anualidade do ano 2001 e cinco millóns catrocentas mil pesetas (5.400.000) á anualidade do ano 2002.

5. Garantía provisional.

A garantía provisional por un importe, equivalente ó 2% do orzamento de licitación, ascende a duascentas vinte mil pesetas (220.000).

6. Obtención de documentación e información.

Poderán retirala no Rexistro da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento; rúa dos Feáns, nº 7 15706 Santiago de Compostela. Teléfonos 981 54 10 87/54 10 88.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: as empresas licitadoras deberán acredita-la súa solvencia económico-financeira e técnica ou profesional, de conformidade co esixido no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

Presentaranse, de conformidade co previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, no prazo de 15 días contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no Rexistro da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento das 9 ás 14 h, ou ben na forma prevista no TRLCAAPP.

9. Apertura de ofertas.

Realizarase o décimo primeiro día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións, ás 12 horas nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento; no caso de cadrar en sábado, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

O importe deste anuncio será por conta da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2001.

Miguel A. Ríos Fernández

Secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento