Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 16 de abril de 2001 Páx. 4.976

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 16 de marzo de 2001 pola que se convocan probas selectivas para a provisión de prazas de técnicos especialistas de bibliotecas, vacantes no cadro de persoal laboral desta universidade.

Detectado erro na resolución da Universidade de Vigo do 16 de marzo de 2001 (DOG nº 66, do 3 de abril), pola que se convocaron probas selectivas para a provisión de once prazas de técnicos especialistas de bibliotecas, vacantes no cadro de persoal laboral desta universidade, procédese á súa corrección:

A base 1.1 queda redactada como segue:

1.1.Convócanse probas selectivas para cubrir con persoal laboral fixo once prazas de técnicos especialistas de biblioteca do grupo III, polo sistema de promoción interna e sistema xeral de acceso libre. A esta oferta inicial de prazas poderanse acumular aqueloutras que se poidan crear ou xerar antes do remate do proceso selectivo.

A base 1.2 queda redactada como segue:

1.2. Reservarase o 50% das prazas á quenda de promoción interna. De non cubrirse as prazas reservadas a promoción interna ofertaranse para a súa provisión polo sistema de acceso xeral libre.

Neste sentido, a fase de oposición do sistema de promoción interna rematará antes que a correspondente ó sistema xeral de acceso libre.

A base 2.2. queda redactada como segue:

2.2. Os aspirantes que concorran ás probas pola quenda de promoción interna deberán pertencer ó cadro de persoal laboral fixo da Universidade de Vigo e a unha categoría profesional distinta á das prazas convocadas por esta resolución.