Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 16 de abril de 2001 Páx. 4.974

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 2 de abril de 2001 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Medio Ambiente, anunciado pola Orde do 26 de febreiro de 2001.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Medio Ambiente, por Orde do 26 de febreiro de 2001 (Diario Oficial de Galicia nº 48, do 8 de marzo de 2001), en uso das facultades e atribucións conferidas no artigo 15.4º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, e de conformidade co disposto no artigo 27.2º da referida lei, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Medio Ambiente, anunciada pola Orde do 26 de febreiro de 2001.

Segundo.-Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, ó funcionario que se relaciona no anexo da presente orde.

Terceiro.-O cesamento no actual destino do funcionario que obtén praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo de toma de posesión da praza adxudicada será de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente o funcionario preste servicios, ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo e tal como dispón a base sétima da convocatoria.

O cómputo de prazo de posesión iniciarase cando remate o permiso ou licencia que, se é o caso, lle fose concedido ó interesado. No suposto de baixa temporal ou transitoria iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto.-A xefatura do centro no que cause baixa o funcionario, así como a daquel no que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se dará traslado á Dirección Xeral da Función Pública.

Quinto.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, o interesado poderá interpor potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e

do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 2 de abril de 2001.

José Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente

ANEXO

Apelidos e nome: Zamora Andrade, Francisco Javier.

NRP: 3241758546 A2063.

Grupo: A.

Corpo/escala: Corpo Facultativo Superior da Xunta de Galicia.

Código do posto: MA.C03.00.002.15770.003.

Denominación do posto: xefe do Servicio de Defensa contra Incendios.

Centro directivo: Dirección Xeral de Montes e M.A.N.

Localidade: Santiago de Compostela.

Nivel C. destino: 28.