Convocada, pola Orde do 1 de febreiro de 2001 (DOG nº 34, do 16 de febreiro), a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes nos servicios centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, esta consellería, de conformidade co previsto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e en uso das facultades que lle confire o artigo 15.4º da devandita lei,
DISPÓN:
Pimeiro.-Resolver parcialmente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes nos servicios centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, anunciada pola Orde do 1 de febreiro de 2001 (DOG nº 34, do 16 de febreiro).
Segundo.-Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ó funcionario que se relaciona no anexo a esta orde.
Terceiro.-O persoal mencionado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.
Cuarto.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación. De non estima-la interposición deste recurso poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.
Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2001.
José Mª Hernández Cochón
Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais
ANEXO
Apelidos e nome: Monteagudo Romero, Josefina.
NRP: 3324933246 A205N.
Grupo: A.
Nivel C.D.: 28.
Corpo ou clase: facultativo superior.
Posto de traballo: xefa de Servicio de Programas de Calidade e Investigación.
Dependencia: División de Asistencia Sanitaria do Servicio Galego de Saúde.
Localidade: Santiago de Compostela.