Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 16 de abril de 2001 Páx. 4.954

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 1 de marzo de 2001 pola que se declara de interese galego a Fundación Gonzalo Torrente Ballester e se ordena a súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 53, do 15 de marzo de 2001, é necesario face-las seguintes correccións:

Na páxina 3.261, en Supostos de feito (columna esquerda), punto terceiro, liña 4, onde di: «... de clasificación como de interese da...», debe dicir: «... de clasificación como de interese cultural da...». Na liña 17, onde di: «... interese e a súa adscrición...», debe dicir: «... interese cultural e a súa adscrición...». No punto cuarto, liña 5, onde di: «... como de interese a...», debe dicir: «... como de interese cultural a...».