Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 11 de abril de 2001 Páx. 4.945

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MELIDE

APROBACIÓN inicial do proxecto de urbanización da rúa Ourense.

Aprobado inicialmente, por acordo da Comisión de Goberno adoptado na sesión do 15 de marzo de 2001, o proxecto de urbanización da rúa Ourense no núcleo urbano de Melide, confeccionado polo arquitecto José C. Arrojo Lois, sendo promotor a entidade Construcciones Martínez-Cordido, S.L., segundo o disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, exponse ó público durante un mes, contado desde a publicación deste anuncio no DOG, para que calquera persoa poida examina-lo expediente na Secretaría Xeral do Concello e formular cantas alegacións estime pertinentes.

Melide, 4 de abril de 2001.

O alcalde

Rubricado