Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 11 de abril de 2001 Páx. 4.945

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na súa sesión realizada o día 22 de marzo de 2001, acordou:

1. Aprobar con carácter inicial unha modificación puntual do P.P. da Área 3 de SUNP do PXOU deste concello que ten por obxecto excluír do Catálogo de Bens Protexidos que incorpora o citado plan dous dos seus elementos (a ponte da cinta transportadora e a antiga cheminea) e elimina-las referencias que se fan a eles na memoria e nas ordenanzas reguladoras.

2. Somete-lo documento inicialmente aprobado a información pública polo prazo dun mes, o que se anunciará no DOG e nun xornal dos de maior circulación da provincia.

Os prazos contaranse desde a última publicación deste anuncio (DOG ou xornal) e poderá examinarse o expediente nas oficinas municipais do Servicio de Urbanismo e formula-las alegacións que se consideren oportunas.

Culleredo, 26 de marzo de 2001.

Ricardo Seoane Candamio

Concelleiro delegado de Urbanismo