Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 11 de abril de 2001 Páx. 4.943

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARNOTA

EDICTO.

En cumprimento do disposto no artigo 49 do Regulamento de expropiación forzosa, do 26 de abril de 1957, este concello resolveu proceder a efectua-lo pagamento dos dereitos previos e indemnizacións por rápida ocupación, correspondentes a expedientes de expropiación forzosa instruídos para o termo municipal de Carnota con motivo das obras do proxecto saneamento integral de Carnota (fase I), o cal terá lugar:

Termo municipal de Carnota.

Días 2, 3 e 4 de maio de 2001 das 9 ás 13 horas, os propietarios dos predios relacionados na exposición feita no taboleiro de anuncios do concello referido.

Día 2 de maio: de Agulleiro Formoso a Formoso Quintela.

Día 3 de maio: de Formoso Rodríguez a Piñeiro Vigo.

Día 4 de maio: de Portela Caamaño a Xuliana do Viso.

O pagamento efectuarase na Casa do Concello de Carnota polo tesoureiro deste concello e na presencia do alcalde e do secretario.

O que se fai público, para xeral coñecemento, advertindo ós interesados que o pagamento se fará precisamente ós que figuren como donos da cousa ou titulares do dereito expropiado, no admitíndose representación senón por medio de poder debidamente autorizado, xa sexa xeral ou especial para este caso; e que deberán identificarse co documento nacional de identidade ou, no seu defecto, por coñecemento directo que testemuñe o alcalde ou o secretario do concello.

Carnota, 4 de abril de 2001.

Xosé Manuel García Martínez

Alcalde