Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 11 de abril de 2001 Páx. 4.942

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2001, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso público, tramitación urxente e procedemento aberto, das obras de substitución de ascensores de público número 1 e 2 no Hospital Xeral de Vigo (Pontevedra).

-Obra: substitución de ascensores de público número un e dous no Hospital Xeral de Vigo (Pontevedra).

-Orzamento da contrata: 113.644.620 pesetas (683.017,92 euros).

-Prazo de execución: 9 meses.

-Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo 2, categoría e.

-Garantía definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

-Forma de tramitación: urxente.

-Variantes do proxecto: non se admiten.

Exposición de proxectos: os proxectos e mailos pregos de cláusulas administrativas particulares poderan examinarse na División de Recursos Económicos (Subdirección Xeral de Investimentos) ou nas direccións provinciais do Sergas nas respectivas provincias, en días hábiles de 9 a 14 horas.

Solvencia económica, financeira e técnica: os licitadores terán que acredita-la solvencia económica, financeira e técnica, en calquera das formas previstas no texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en man, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas ou nas direccións provinciais correspondentes, ata o décimo terceiro día natural a partir do seguinte ó da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deberán presenta-los licitadores:

-No sobre de documentación económica: a establecida na cláusula 8.2 do prego de cláusulas administrativas.

-No sobre da documentación persoal: a documentación sinalada na cláusula 8.3 do prego de cláusulas administrativas polas que rexe a adxudicación do contrato.

-No sobre da documentación de referencias técnicas: a establecida na cláusula 8.4 do prego de cláusulas administrativas.

Criterios de adxudicación: os definidos na cláusula 11 do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe o presente concurso.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación nas dependencias da División de Recursos Económicos, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2001.

P.D. (Decreto 49/1998, do 5 de febreiro)

Antonio Fernandez-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos