Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 11 de abril de 2001 Páx. 4.937

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2001 pola que se somete a información pública o proxecto denominado Solucións ós problemas de asolagamentos do concello de Valga (Pontevedra) e mailo seu estudio ambiental.

Por resolución da Presidencia de Augas de Galicia do 22 de marzo de 2001, aprobouse tecnicamente o proxecto denominado Solucións ós problemas de asolagamentos do concello de Valga (Pontevedra).

Consecuentemente, e para os efectos do prevido na Lei de expropiación forzosa, sométese a infor

mación pública o devandito proxecto durante un período de 20 días hábiles contados a partir do seguinte ó da última das publicacións que deste anuncio se farán no Diario Oficial de Galicia, BOP de Pontevedra e un xornal dos de maior circulación desta provincia, co obxecto de que toda persoa física ou xurídica que se considere interesada no expediente de referencia, poida examinalo, en horas hábiles de oficinas, nas dependencias do organismo autónomo Augas de Galicia en Santiago de Compostela (praza de Camilo Díaz Valiño, 7-9), nas do Servicio Territorial da Demarcación Galicia Sur de Augas de Galicia (rúa Urzáiz, 18-2º e 3º de Vigo), así como no concello de Valga.

De consideralo oportuno, as devanditas persoas poderán formular cantas observacións consideren pertinentes en relación co proxecto exposto, dirixidas á Presidencia de Augas de Galicia durante o período de exposición pública.

Así mesmo, sométese ó trámite de información pública, durante o mesmo período de tempo, o estudio de efectos ambientais contido no proxecto de referencia, segundo o disposto na Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia e no Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia. O devandito estudio estará esposto para estes efectos nos lugares citados e na Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente en Pontevedra (rúa Benito Corbal, 47-4º).

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2001.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo Augas de Galicia