Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 11 de abril de 2001 Páx. 4.936

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncian as licitacións polo sistema de concurso público, procedemento aberto, para a contratación da dirección facultativa das seguintes obras: 1.-Adecuación, clausura e selaxe do vertedoiro de Monte Corteo (A Laracha, A Coruña). 2.-Clausura, selaxe e rexeneración ambiental dos vertedoiros de RSU da Estrada e Catoira (Pontevedra). 3.-Adecuación, clausura e selaxe do vertedoiro de RSU de Ourense.

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto:

-Dirección facultativa das obras de adecuación, clausura e selaxe do vertedoiro do Monte Corteo, A Laracha (A Coruña).

-Dirección facultativa das obras de clausura, selaxe e rexeneración ambiental dos vertedoiros de RSU da Estrada e Catoira.

-Dirección facultativa das obras de adecuación, clausura e selaxe do vertedoiro de RSU de Ourense.

2.2. Prazo de execución:

-Monte Corteo (A Laracha): tres meses.

-A Estrada e Catoira: tres meses.

-Ourense: oito meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

3.1. Tramitación: ordinaria.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total:

-Monte Corteo (A Laracha): dous millóns catrocentas cincuenta e tres mil setecentas dúas (2.453.702) pesetas (14.747,05 euros), IVE incluído.

-A Estrada e Catoira: dous millóns trescentas corenta e sete mil cincocentas trinta e sete (2.347.537) pesetas, IVE incluído (14.108,98 euros).

-Ourense: vinteseis millóns catrocentas setenta mil catrocentas sesenta e unha (26.470.461 ) pesetas, IVE incluído (159.090,67 euros) .

5. Fianza provisional:

-Monte Corteo (A Laracha): non se esixe.

-A Estrada e Catoira: non se esixe.

-Ourense: 2% do orzamento de licitación 529.409 pesetas (3.181,81 euros).

6. Fianza definitiva:

4% do orzamento de adxudicación para cada un dos concursos.

7. Documentación e información

7.1. Documentación:

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación, así como o proxecto da obra estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles, na Copistería Copynino, sita en Santiago de Compostela, rúa Xeneral Pardiñas nº 2 (Teléfono: 981 58 89 38) e na páxina da Internet: www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=279 para A Estrada e Catoira, N=280 para Ourense e N=281 para Monte Corteo (A Laracha).

Para os efectos de información, as empresas que retiren os pregos da páxina web e estean interesados en concursar a esta licitación deberán enviar ó seguinte enderezo de correo electrónico: rosa.blanco.tubio*xunta.es, os datos que a continuación se relacionan:

-No epígrafe ASUNTO: nome do concurso.

-Nome da empresa.

-Nº de teléfono.

7.2. Información.

Teléfono: 981 54 17 49.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

8.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do décimo quinto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

8.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8.3. Lugar de presentación:

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Enderezo: rúa dos Basquiños nº 2.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

8.4. No suposto de que se concorra ós tres concursos, a documentación xeral presentada para un deles producirá efecto nos outros, facendo constar no sobre A a denominación dos concursos ós que se presenten as ofertas.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería da Presidencia e Administración Pública; sala de xuntas B.

b) Enderezo: complexo administrativo de San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o sexto día natural contado desde o seguinte ó do termo do prazo de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: ás 12 horas.

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 2 de abril de 2001.

P.D. (Orde 12-1-1998)

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente