Visto o acordo da comisión de reclamacións do claustro universitario desta universidade, adoptado na súa reunión do 9 de marzo de 2001, polo que se ratifica a proposta formulada pola comisión encargada de xulga-lo concurso convocado por Resolución do 3 de febreiro de 2000 (BOE do 4 de marzo) para a provisión da praza número 00/003, de catedrático de universidade da área de coñecemento de teoría da literatura, do departamento de Filoloxía Española e Latina desta universidade, a favor de José María Paz Gago, e unha vez acreditados polo interesado os requisitos ós que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,
Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a José María Paz Gago, catedrático de universidade da área de coñecemento de teoría da literatura, do departamento de Filoloxía Española e Latina desta universidade.
A Coruña, 12 de marzo de 2001.
José Luis Meilán Gil
Rector da Universidade da Coruña