Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 10 de abril de 2001 Páx. 4.862

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 22 de marzo de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se declara a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola explotación da concesión de lousa da sección C San Víctor, 4263, da provincia de Ourense, sita no termo municipal de Carballeda de Valdeorras.

De acordo co Decreto 35/2001, do 18 de marzo, da Xunta de Galicia, e para os efectos da súa expropiación forzosa declarouse a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para a continuación da concesión referenciada. Polo que se fai público, de conformidade co previsto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, que o día 19 de abril do 2001

procederá o representante da Administración a levantar sobre o terreo as actas previas á ocupación, acto que se lle notificará a cada un dos interesados.

A relación concreta e individualizada dos bens exponse no taboleiro de anuncios do concello que corresponde, que se publicou no DOG nº 176, do día 11 de setembro de 1999.

Ourense, 22 de marzo de 2001.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense