Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 09 de abril de 2001 Páx. 4.805

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2001, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas, se aproba o proxecto de execución e se recoñece como instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica da central hidroeléctrica de Barra, no río Barra, termo municipal de Coles, provincia de Ourense. (Expediente IN408A 96/4-3 A.T.).

Visto o escrito presentado pola empresa Enxeñería dos Recursos Enerxéticos, S.L., con enderezo para efectos de notificacións en r/ Iglesias Vilarelle, 7-12º A, 36001 Pontevedra, no que solicita autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica regulado polo R.D. 2818/1998, da central hidroeléctrica de Barra, situada no río Barra, termo municipal de Coles, provincia de Ourense, resultan os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro.-O 17 de setembro de 1998, a Comisión Galega de Medio Ambiente acordou formula-la declaración de efectos ambientais do proxecto de aproveitamento hidroeléctrico no río Barra.

Segundo.-Con data do 25 de xullo de 2000, a Confederación Hidrográfica del Norte outorga a Enxeñería dos Recursos Enerxéticos, S.L., a concesión de aproveitamento hidroeléctrico de 1.250 l/s de auga

para derivar do río Barra, no termo municipal de Coles (Ourense).

Terceiro.-Con data do 26 de xaneiro de 2001 a citada empresa solicitou a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e o recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica regulado polo R.D. 2818/1998, do 23 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, residuos e coxeración da central hidroeléctrica no río Barra, achegando documentación establecida para o efecto polo citado R.D. 2818/1998, e o Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, de aplicación a este expediente en virtude do disposto na disposición transitoria décimo primeira do R.D. 1955/2000, do 1 decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e o R.D. 916/1985, do 25 de maio, modificado polo R.D.

249/1988, do 18 de marzo.

Cuarto.-As instalacións electromecánicas da central hidroeléctrica de Barra, segundo o seu proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro técnico industrial Francisco López González, ten as seguintes características:

-Caudal concesional: 1.250 l/s.

-Salto bruto: 130 m.

-Potencia instalada: 1.274 kW.

-Unha turbina tipo Pelton, de eixe horizontal, para un caudal nominal de 1.230 l/s e 1.275 kW de potencia.

-Un xerador síncrono trifásico de 1.600 kVA de potencia.

-Un transformador de potencia de 1.800 kVA e relación de transformación 3/20 kV.

-Instalacións de medida, control, protección e manobra.

Quinto.-A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Ourense emitiu informe favorable, propoñendo a autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e recoñecemento de instalación acollida á réxime especial regulado polo R.D. 2818/1998.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 181/1999, do 17 de xuño, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, o Real decreto 916/1985, do 25 de maio, modificado polo Real decreto 249/1998, do 18 de marzo, e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, residuos e coxeración.

Segundo.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas

RESOLVE:

-Autoriza-las instalacións electromecánicas da central hidroeléctrica de Barra, no río Barra, nos termo municipal de Coles, provincia de Ourense.

-Aproba-lo proxecto de execución das instalacións electromecánicas da citada central hidroeléctrica.

-Recoñecer a esta central hidroeléctrica a condición de instalación acollida ó réxime especial do R.D. 2818/1998, e incluíla no grupo b.4) do artigo 2 do dito real decreto.

Queda obrigada a empresa titular da instalación a notifica-lo comezo e o remate das obras para a súa inspección e posta en marcha, podendo a Administración autonómica deixar sen efecto esta resolución, despois do oportuno expediente, no momento que observe incumprimento dos regulamentos, condicionantes técnicos e de seguridade, medidas correctoras establecidas polos organismos e entidades que constan no expediente deste aproveitamento hidroeléctrico.

Como requisito necesario para a aplicación do réxime especial á dita instalación, a citada empresa deberá inscribirse no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xullo de 1995 (DOG do 14 de xullo), para o que acreditará o cumprimento das condicións previstas no artigo 12 do R.D. 2818/1998, e presenta-la documentación que figure nas instruccións que dicte esta dirección xeral en desenvolvemento da citada orde.

Así mesmo, a instalación interconectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, se é o caso, a Dirección Xeral de Industria.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2001.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria