Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 09 de abril de 2001 Páx. 4.804

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/66-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: García Barbón 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. enlaces polígono Gándaras.

Situación: O Porriño.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 15 kV, de 576 m de lonxitude, con conductor tipo LA-180, desde un apoio s/n tipo 2HV/12 da L.M.T. D/C ATI.7.18 e 7.19 ata o apoio nº 3 desde onde se realiza a derivación ó C.T. Orbenlle. L.M.T., aérea, a 15 kV, de 32 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, desde o apoio proxectado nº 3 ata o C.T. existente de Orbenlle. L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 995 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio nº 3 desde onde parte a derivación ó C.T. Orbenlle ata o centro de reparto existente no polígono. Toda a instalación está situada no concello do Porriño.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 26 de febreiro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra