Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 09 de abril de 2001 Páx. 4.803

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/72-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: García Barbón 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. e dous CC.TT. na rúa do Peirao I e II.

Situación: Soutomaior.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, 15 kV, de 695 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde la L.M.T.S. existente ó C.T. praia Matilde, alimentando en bucle os CC.TT. que se proxectan na rúa do Peirao I e II, no concello de Soutomaior, rematando no punto de inicio da liña. C.T. de 630 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V na rúa Peirao I. C.T. de 630 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V na rúa Peirao II.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 23 de febreiro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra