Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 06 de abril de 2001 Páx. 4.661

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

ANUNCIO (sec.-2001000027).

A Alcaldía, por Decreto do 20-3-2001, aprobou con carácter definitivo a delimitación do polígono A-27 dentro da área de reparto nº 27 do PXOM de Verín, seguindo o procedemento establecido no artigo 121 da Lei do solo de Galicia, por instancia de Manuel Silva Carnero.

O que se fai público en cumprimento do artigo 38.1º d) do vixente Regulamento de xestión urbanística, significando que contra o dito acordo de aprobación definitiva cabe interpor recurso de reposición ante a Alcaldía no prazo dun mes, ou ben acudir directamente á vía xudicial interpondo recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con sede na Coruña, no

prazo de dous meses, sen que caiba simultanear ámbolos dous recursos.

Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición soamente se admitirá o recurso contencioso-administrativo. Os prazos sinalados computaranse a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

Os interesados poderán interpoñer calquera outro recurso que coiden pertinente.

Verín, 20 de marzo de 2001.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde