Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 06 de abril de 2001 Páx. 4.656

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2001 pola que se anuncia concurso público de subministración sucesiva, por procedemento aberto e trámite de urxencia, de adquisición de moblaxe para salas de reunión e zonas de espera con destino ó novo edificio da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas en San Lázaro, Santiago de Compostela (SCS-17/2001) (9 lotes).

O Servicio Galego de Saúde, por proposta da División de Recursos Económicos, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la subministración que a seguir se cita:

Adquisición de equipamento de moblaxe para salas de reunión e zonas de espera con destino ó novo edificio da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas en San Lázaro, Santiago de Compostela (SCS-17/2001) (9 lotes).

Orzamento: vintenove millóns duascentas corenta e dúas mil cen pesetas, con IVE incluído (29.242.100 pesetas, con IVE incluído) (175.748,56 euros).

Lote nº 1: moblaxe de salas de reunións, 7.770.000 pesetas, 46.698,64 euros.

Lote nº 2: cadeiras de salas de reunións, 4.482.000 pesetas, 26.937,36 euros.

Lote nº 3: mobles auxiliares para salas de reunións, 1.449.000 pesetas, 8.708,67 euros.

Lote nº 4: encerados salas de espera, 702.000 pesetas, 4.219,10 euros.

Lote nº 5: sofás e butacas (área dirección), 8.043.000 pesetas, 48.339,40 euros.

Lote nº 6: mesas centro e cantoneiras, salas espera e despachos, 1.260.000 pesetas, 7.572,75 euros.

Lote nº 7: bancadas para salas de espera, 3.312.000 pesetas, 19.905,52 euros.

Lote nº 8: mesas para salas de espera, 761.600 pesetas, 4.577,31 euros.

Lote nº 9: papeleiras, 1.462.500 pesetas, 8.789,80 euros.

Garantía provisional: a garantía provisional é o 2% do importe de licitación.Ve-lo punto 11 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

Forma de adxudicación: concurso público e procedemento aberto, polo trámite de urxencia.

Prazo de entrega: desde a petición, fabricación e montaxe, 30 días.

Admisión de variantes: cada licitador poderá presentar porposicións individuais ata un máximo de tres (oferta base más 2 variantes) proposición agrupadas de varios lotes, ata un máximo de dúas.

Solvencia económico-financeira e técnica: ve-lo punto 18 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares para a dita contratación.

Criterios de adxudicación: os establecidos no punto 13 da folla de especificacións do prego tipo de claúsulas administrativas particulares.

Documento de interese para os licitadores: o prego tipo de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, nos servicios centrais da División de Recursos Económicos; edificio administrativo de San Caetano, bloque 2-2º en Santiago de Compostela, tódolos días laborables, agás sábados, das 9 ás 14 horas.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Servicio Galego de Saúde, antes das 14 horas do oitavo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro de prazo sinalado. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ó organo de contratación a remisión da oferta mediante fax (981 54 27 62) ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Apertura de proposicións: terá lugar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, edificio administrativo San Caetano, bloque nº 2, 2ª planta, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento do anuncio desta contratación de subministración será por conta do adxudicatario ou dos adxudicatarios do contrato.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2001.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos