Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 06 de abril de 2001 Páx. 4.655

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2001, da Dirección Xerencia do Hospital Nicolás Peña de Vigo, pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, da explotación da cafetería restaurante do hospital.

A Dirección Xerencia do Hospital Nicolás Peña en Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na orden da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, modificada pola Orden do 30 de maio de 2000, convoca o seguinte procedemento aberto 2/2001.

Obxecto: contratación da explotación da cafetería restaurante do Hospital Nicolás Peña

Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto.

Prazo de execución: 1 mes para a dotación e equipamento da cafetería. Vixencia da explotación: ata o 31 de decembro de 2010.

Admisión de variantes: admítense variantes.

Solvencia económica, financeira e técnica: os licitadores acreditarán a súa solvencia técnica, financeira e económica segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares

Criterios de adxudicación: os definidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, estará á disposición dos interesados no servicio de subministracións do Hospital Nicolás Peña, sita na avda. das Camelias nº 109, Vigo, tódolos días laborables, agás sábados, desde as 9 ás 14 horas.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital Nicolás Peña, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado, antes das 14 horas del décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deberán presenta-los licitadores: será a que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Nicolás Peña a partir das 9 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas, no caso de que o dito día coin

cida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso será por conta do adxudicatario.

Vigo, 6 de marzo de 2001.

Bibiano Fernández-Arruti López

Director-xerente do Hospital Nicolás Peña de Vigo