Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 06 de abril de 2001 Páx. 4.650

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2000, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, pola que se resolven as ampliacións dos expedientes de clasificación de montes desta provincia 20 e 26/1977.

Para os efectos previstos no artigo 28 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administra

tivo común, faise público que o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, na sesión que tivo lugar o 14 de decembro de 2000 na sala de xuntas da Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente, baixo a presidencia do seu delegado provincial, e coa asistencia dos vocais Emilio Sánchez Coto, Manuel Martínez Garrido, José Antonio Illán Torrón, Manuel Veiga Franco e do secretario Luis Quiroga Arnal, dictou a resolución de amplia-la clasificación como veciñais en man común dos montes seguintes:

-Expediente número: 20/1977 (ampliación).

Denominación: monte: Teso do Curro, Castro de Goó e Valdofoxo, Freixedo, Tralo Marco, Restre, Tralo Chao, Serra de Abaixo e Lamela.

Comunidade propietaria: veciños da parroquia de Goó.

Superficie total: 83 hectáreas.

Concello: O Incio.

Estremas e perímetro da parcela nº 1-Teso do Curro-0,7 hectáreas:

Norte: camiño público. Leste: predios particulares de veciños da parroquia de Goó. Sur: predios particulares de veciños da parroquia de Goó e predios particulares de veciños do lugar de Bermún (parroquia do Viso). Oeste: predios particulares de veciños da parroquia de Goó.

Estremas e perímetro da parcela nº 2-Castro de Goó e Valdofoxo-42 hectáreas:

Norte: estrada de Bermún (parroquia do Viso) a Rubián de Cima, predios particulares da parroquia de Goó e predios particulares do lugar de Buxán (parroquia do Viso) e camiños de servidume. Leste: predios particulares da parroquia de Goó. Sur: predios particulares da parroquia de Goó e predios particulares de veciños do lugar de Lebaste. Oeste: estrada do Incio a Rubián de Cima, predios particulares do lugar da Pereira de Arriba, predios particulares do lugar de Viloira (parroquia de Santalla de Bardaos), predios particulares de veciños da parroquia de Goó e predios particulares de veciños do lugar de Buxán (parroquia do Viso).

Estremas e perímetro da parcela nº 3-Freixedo-8 hectáreas:

Norte: predios particulares de veciños da parroquia do Viso e camiño de servidume. Leste e sur: camiño de servidume e predios particulares da parroquia de Rendar. Oeste: predios particulares de veciños da parroquia de Goó.

Estremas e perímetro da parcela nº 4-Tralo Marco-1,3 hectáreas:

Norte e oeste: predios particulares de veciños da parroquia de Goó. Leste: predios particulares de veciños da parroquia de Rendar. Sur: estrada de Rendar ó Incio.

Estremas e perímetro da parcela nº 5-Restre-1,5 hectáreas:

Norte, leste e sur: predios particulares dos veciños da parroquia de Goó. Oeste: estrada de Goó a Vilasouto e predios particulares dos veciños da parroquia de Goó.

Estremas e perímetro da parcela nº 6-Tralo Chao-2,5 hectáreas:

Norte, leste, sur e oeste: pistas de servicio e predios particulares de veciños do lugar de Lebaste.

Estremas e perímetro da parcela nº 7-Serra de Abaixo-24 hectáreas:

Norte: estrada de Bermún (parroquia do Viso) a Rubián de Cima e predios particulares do lugar de Lebaste. Leste: predios particulares do lugar de Lebaste. Sur: estrada do encoro de Vilasouto. Oeste: devasa perimetral do monte de Vilasouto, elenco nº 2715021, conveniado coa Xunta de Galicia.

Estremas e perímetro da parcela nº 8-Lamela-3 hectáreas:

Norte: predios particulares dos veciños do lugar da Pereira de Arriba. Leste: predios particulares do lugar de Lebaste. Sur e oeste: pista de servicio e predios dos veciños do lugar da Pereira de Arriba.

Expediente número: 26/77 (ampliación).

Denominación: monte de Sirgueiros (parcelas: Agra, Serra, Bustela, Val da Costa e Pena da Roda).

Comunidade propietaria: veciños da parroquia de Sirgueiros.

Superficie total: 65 hectáreas.

Concello: O Incio.

Estremas da parcela nº 1-Agra-0,8 hectáreas:

Norte, leste e oeste: predios particulares de veciños da parroquia de Toldaos. Sur: camiño de servidume coa dirección Sirgueiros-Reboredo, que entesta con predios particulares de veciños da parroquia de Toldaos.

Estremas da parcela nº 2-Serra-48,8 hectáreas:

Norte: predios particulares de veciños da parroquia de Sirgueiros. Leste: predios particulares da parroquia de Toldaos. Sur: camiño real que entesta co monte veciñal en man común do Hospital do Incio e predios particulares de veciños da parroquia da Cruz do Incio. Oeste: predios particulares de veciños da parroquia de Sirgueiros.

Estremas da parcela nº 3-Bustela-4,1 hectáreas:

Norte, leste e oeste: poligonal dos predios particulares que rodean a parcela. Sur: monte veciñal en man común da Cruz do Incio.

Estremas da parcela nº 4-Val da Costa-8 hectáreas:

Norte, leste, sur e oeste: poligonal dos predios particulares que rodean a parcela.

Estremas da parcela nº 5-Pena da Roda-3,3 hectáreas:

Norte e oeste: camiño de servidume que entesta co monte veciñal en man común de Rendar e predios particulares de veciños da parroquia de Rendar. Sur e leste: predios particulares de veciños das parroquias de Rendar e Sirgueiros.

Contra esta resolución e desde a súa notificación ou publicación poderá interporse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, ou recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, de conformidade co disposto no artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa, en relación co artigo 12 da Lei de montes veciñais en man común e o artigo 28 do seu regulamento, modificados os dous preceptos legais pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lugo, 14 de decembro de 2000.

Luis González Vázquez

Presidente do Xurado Provincial de Montes

Veciñais en Man Común de Lugo