Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 06 de abril de 2001 Páx. 4.647

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2001 pola que se fai pública a adxudicación de postos de traballo provistos polo sistema de libre designación.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes para participar no concurso de méritos convocado por Resolución do 25 de xaneiro de 2001 (BOE do 15 de febreiro), para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo de vicexerente na área de Recursos Humanos, vacante no cadro do persoal funcionario de Administración e servicios,

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 65 dos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 253/1992, do 10 de setembro (DOG do 17 de setembro), modificados polo Decreto 245/1998, do 30 de xullo (DOG do 28 de agosto), e polo Decreto 41/2000, do 25 de febreiro (DOG do 2 de marzo), resolve facer pública a adxudicación do referido posto a José Vicente Echeverría González, funcionario do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, con número de rexistro persoal 3424221468 A2060.

O interesado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo (DOG do 25 de marzo).

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interporse recurso ante a xuridicción contencioso-administrativa no prazo de dous meses, contados a partir da publicación desta resolución, de acordo co previsto na Lei reguladora da dita xurisdicción.

A Coruña, 20 de marzo de 2001.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña