Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 06 de abril de 2001 Páx. 4.647

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 15 de marzo de 2001 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no organismo autónomo Instituto Galego de Consumo.

Convocada por Orde do 12 de xaneiro de 2001 (DOG nº 20, do 29 de xaneiro), a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no organismo autómomo Instituto Galego de Consumo, esta consellería, en uso das facultades e atribucións conferidas no artigo 15.4º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, e de conformidade co disposto no artigo 27.2º da referida lei,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante no Instituto Galego de Consumo, anunciado pola Orde do 12 de xaneiro de 2001 (DOG nº 20, do 29 de xaneiro).

Segundo.-Declarar deserta a citada convocatoria.

Terceiro.-Contra esta orde, que esgota á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade con establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán interpoñer recurso contencioso-adminis

trativo ante o xulgado do contencioso-admnistrativo competente no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2001.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Industria e Comercio