Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 02 de abril de 2001 Páx. 4.201

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 16 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de iniciación do 1 de decembro de 2000, relativo ó expediente sancionador PO-132/2000, por infracción en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 14 de xaneiro de 1999), notifícaselle á persoa que a seguir se relaciona o acordo de iniciación da delegación provincial de Cultura, Comunicación Social e Turismo, relativo ó expediente sancionador en materia de turismo número PO-132/2000, incoado ó titular da Discoteca Líquido, situada na rúa Camiño da Feira, s/n, Oroso, da Cañiza, xa que intentada polos medios habituais non puido practicarse.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, conforme o establecido no artigo 16.1º do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, contados a partir do seguinte ó da súa publicación, para achegar ante o instructor do expediente cantas alegacións, documentos ou informacións coiden convenientes, e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse.

De non formular alegacións no prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da súa publicación, o acordo de iniciación considerarase proposta de resolución, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

Expediente: PO-132/2000.

Instructora: Mª de los Ángeles Herrero Pérez.

Infractor: Líquido Musical, S.L.

Establecemento: Discoteca líquido.

Domicilio: rúa Camiño da Feira, s/n, Oroso.

Localidade: A Cañiza.

Acordo de iniciación: 1 de decembro de 2000.

Precepto infrinxido: artigo 86.2º da Lei 9/1997.

Sanción: vintecinco mil (25.000) pesetas.

Pontevedra, 16 de febreiro de 2001.

Pilar Rojo Noguera

Delegada provincial de Pontevedra